Compostela
Martes, 18 Xuño 2019

Candidaturas da CIG aos comités de empresa de Medio Rural

Xoves 20 de xuño, vota CIG

CORUÑA

Colexio de técnicos

  1. Ana María Aranda González
  2. Francisco González Iglesias
  3. Obdulia María Varela manso
  4. Mónica Pérez Cibeira
  5. Francisco Ovies García
  6. Francisco Javier jiménez Leo
  7. Rosario Estévez Tenorio

Colexio de especialistas

  1. Irene Sánchez Riveira
  2. Javier Cortizo Mella
  3. Jorge García Fernández
  4. Antonio Luis Blanco Cortés
  5. Julio José García Mosquera
  6. Xurxo X. Freire Gómez
  7. Senén Manuel Blanco Touriño
  8. Antonio Vázquez Barros
  9. José A. varela penedo
  10. José Manuel Mareque Mejuto
  11. Francisco Figueroa Rebón
  12. Miguel A. Deiros González
  13. Jorge Luis Ramos Rúa
  14. Xosé Tasende Fraga
  15. Francisco Iglesias Agra

Ver candidatura completa

LUGO

Colexio técnicos

  1. Esperanza Longueira Gómez
  2. Daniel Carballo Penelas
  3. Manuel Candio López
  4. Rubén Somoza López

Colexio especialistas

  1. Santiago Rodríguez Expósito
  2. Daviz Villares López
  3. Wenceslao Gude Castro
  4. José Manuel Caloto Sandamil
  5. Azucena Gavín Reigada
  6. Carlos José Sánchez Mundiña
  7. Benjamín Balboa Cereijo
  8. Tomás Fernández Cabana
  9. Jorge Lage Pol
  10. Antonio Fernández Fernández
  11. Bruno pena Arnao
  12. José Luís Álvarez Arias
  13. Óscar López González
  14. Luis González Fernández
  15. Raúl Fernández Marcos

Ver candidatura completa

OURENSE

Colexio técnicos

  1. Jorge Álvarez Castro

Colexio especialistas

  1. Juan Jose Darriba Barreiro
  2. Eduardo Gonzalez Perez
  3. Rosa Rivas Lois
  4. Jose Antonio Rodriguez Lopez
  5. Maria Del Carmen Lopez Diaz
  6. Manuel Martinez Mendez
  7. Roberto Quiroga Lopez
  8. Francisco Javier Fernandez Alonso
  9. Xose Barxa Branco
  10. Florentino Fernandez Amaro
  11. Julio Gil Rua
  12. Maria Asuncion Lopez Gonzalez
  13. Manuel Couxil Martinez
  14. Maria Susana Nieves Rodriguez
  15. Domingo Gómez Rodríguez

Ver candidatura completa

PONTEVEDRA

Colexio especialistas

  1. Aser Lidia Tobío Martínez
  2. Manuel Ramiro Turc
  3. Ma Del Mar Garza Nañez
  4. Manuel Fernández Alonso
  5. Ma Luisa Blanco Moledo
  6. Jorge Dasilva Diz
  7. Roi Bañón Girón
  8. Jesús Dorado Noya
  9. Dolores González Fernández
  10. Manuel Joaquín Rey Gorís
  11. Emilio Costas Portela
  12. Begoña Puga Vilaboa
  13. Enrique López Sánchez
  14. Francisco Outeiro Barcala
  15. Ma Mercedes Groba Acuña

Ver candidatura completa

 


Con relación ás propostas que sairon das asembleas celebradas o pasado 12 de xullo, a Xunta de Persoal e Comité de Empresa de Servizos Centrais da Xunta de Galiza adoptaron os seguintes acordos para aplicar de xeito inmediato:

O xoves, 19 de xullo, medio milleiro de traballadores e traballadores públicos concentráronse en San Caetano en protesta polos recortes do RDL 20/2012, uns recortes que unen a toda a cidadanía para loitar contra o saqueo de Rajoy. A convocatoria do acto decía que "cando os dereitos se perden e as institucións vixentes non serven para defendelos, non queda outra alternativa que gañalos de novo nas rúas". E ese día en San Caetano tomouse a rúa.

Desde a CIG nos están a chegar diversas queixas sobre algunhas cuestións que se están a formular con respecto a algunhas condicións de atención dos nenos e nenas usuarios da gardería de Vite.  Cómpre recordar que esta gardería ten un número de prazas reservadas para fillas e fillos do persoal da Xunta de Galiza dos Servizos Centrais.

Nomeadamente, entre outras cuestións, estase a contemplar a eliminación do almorzo para os nenos e nenas por razóns de igualar esta gardería coas condicións do resto de gardarías públicas. Entendemos que se se trata de igualar condicións, deberíase de facer tratando de ampliar as mellores condicións e non de mingualas ou perdelas, como é o caso actual.

A Comisión Permanente, en convocatoria urxente celebrada o 9 de xullo manifesta o seu máis profundo REXEITAMENTO ao conxunto das REFORMAS de RECORTES adicionais que o Goberno do Estado español está barallando para aprobar no Consello de Ministros neste vindeiro “venres de dolores” e que se prevé afecten gravemente a toda a cidadanía e moi especialmente ás empregadas e empregados públicos.

Medidas como despedimentos ou cesamentos no persoal das Administracións ou recortes salariais van implicar unha diminución na prestación de servizos públicos, un novo golpe ás empregadas e empregados públicos e un afondamento na situación de crise ao aumentar as taxas de paro e provocar o descenso no consumo.

O mércores, 27 de xuño, a Xunta de Persoal dos servizos centrais celebrou un pleno ordinario, do que informamos dos principais acordos:

  • Remitirlle ás distintas consellerías un escrito solicitando información sobre os empregados públicos que percibiron nos últimos catro anos complementos salariais por servizos prestados fora da xornada de traballo, no que se fagan constar os datos do perceptor, posto que ocupa, cantidades percibidas, nº de horas realizadas e xustificación destas.

  • En relación co programa KRONOS e logo das reunións mantidas coa administración para falar dos problemas que se están dando, instamos a todos os traballadores e traballadoras que xa o esten utilizando a que nos fagan chegar as súas incidencias con esta aplicación remitíndonos un correo á seguinte conta: xuntadepersoal.sscc@xunta.es, co obxecto de ter unha idea da dimensión real dos problemas e axudar en buscarlle solucións.

A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais, reunida en Comisión Permanente, acordou apoiar á mobilización do día 21 de xuño convocada polo Comité Intercentros para facer unha cadea humana a redor de San Caetano como protesta contra os recortes na Xunta de Galiza. Do mesmo xeito, ofreceu a súa colaboración a este comité para traballar no éxito da súa realización.

A Xunta de Persoal, no seu comunicado, fai un chamamento ao persoal funcionario de servizos centrais para que participe neste acto de protesta que consistirá na constitución dunha cadea humana que arrodeará San Caetano, entre as 10,30 e ata as 12,00 horas. A protesta coincidirá coa celebración no Tribunal Superior de Xustiza do xuízo de conflito colectivo contra a aplicación da Lei de medidas no emprego público.

O DOG do 30/04/2012 publicaba a convocatoria de prazas en escolas infantís 0-3 para fillas e fillos do persoal da Xunta de Galicia nas escolas infantís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar para o curso 2012/2013. O día 31 de maio reuniuse a comisión de baremación que para o caso da Escola Infantil de Vite, segundo o artigo 8, esta composta por unha persoa representante da Xunta de persoal e unha por parte do comité de empresa do persoal dos servizos centrais da Xunta de Galiza.

Esa comisión resultou só de carácter informativa para as persoas representantes das e dos traballadores públicos:

Representantes da Xunta de Persoal dos Servizos Centrais acudiron o 29 de maio ao Parlamento para denunciar o abuso das asistencias técnicas ante a nula atención por parte da Xunta de Galiza.

Primeiramente rexistraron un escrito coa denuncia e despois achegáronse polas oficinas dos diferentes grupos parlamentares para solicitar a súa intermediación. Só no caso do PP foi imposible establecer contacto con ningún parlamentar; tanto o PSdG como o BNG confirmaron a súa intención de contactar coa Xunta de Persoal para estudar o tema.

Os feitos producíronse nunha das habituais visitas sindicais da CIG aos traballadores da consellaría de Cultura. O xefe de seguridade asumiu o obstrucionismo dado que ese día estaba organizada desde a Cidade da Cultura unha acción de protesta e "lle romperon un retrete".

Descoñecemos a veracidade do episodio ou a identidade da persoa que foi á casa do xefe de seguridade a romperlle un retrete. En calquera caso, o episodio de obstucionismo sindical acontecido no mausoleo galego do despilfarro foi de traca e impropio dos tempos actuais.

A sección sindical da CIG en Servizos Centrais presentou por escrito unha queixa tanto ante a directora-xerente da Fundación como ante o secretario de Cultura e o máxime responsable de seguridade, o conselleiro de Presidencia. Solicitamos unha explicación do acontecido, reservándonos o dereito de presentar a correspondente denuncia penal contra o exercicio da liberdade sindical.

Co Boletín de servizos centrais do mes de maio de 2012 repartimos unha rifa para o sorteo duns ricos chourizos de Lalín en conmemoración do 15M.  Tal e como estabelecen as bases, a persoa posuidora do número que coincida coas tres últimas cifras ONCE do 15 de maio sería obsequiado con estas enxebres viandas.

Unha vez realizado o sorteo,  convidamos ás persoas que teñan como número da contraportada o rematado en 418 a contactar con nós para concertar a entrega dos premios en San Caetano. Estamos tentando contactar con algúns ilustres chourizos para oficializar o acto pero esixen demasiado pan.

Recordamos que se ben, os chourizos enriquécense cada vez máis co paso do tempo, o límite para reclamalos remata o 31 de maio.