Compostela

Tras a protesta, que foi secundada por máis de 500 persoas, entregaron un escrito para o presidente da Xunta no que lle piden que rectifique as declaracións nas que dubida da súa profesionalidade.

Os traballadores e traballadoras dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza secundaron masivamente unha mobilización celebrada baixo o lema “En defensa da dignidade dos/as empregados/as públicos/as”.

A nosa dignidade non é recortable

A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa de Servizos Centrais da Xunta de Galicia convocan unha concentración en defensa da dignidade das/os empregadas/os públicas/os

Xoves, 19 de maio

11.00h San Caetano (diante da explanada do edificio dos espellos)

Expresa o teu malestar ante os continuos ataques por parte de distintos membros do Goberno galego e da propia prensa subvencionada contra a nosa figura e o noso traballo. Podes traer o teu propio cartel, chifros, etc.

Ao final do acto tentarase facer entrega dunha carta formal de protesta ao Presidente da Xunta.

Descarga o cartaz da convocatoria

Dentro dos primeiros acordos crea unha Comisión de Traballo que, entre outras, levará a cabo unha vindeira concentración en defensa da dignidade do empregado público.

Onte constituíuse a Xunta de Persoal saída das eleccións do pasado día 14 de abril, formada por 10 delegados/as da CIG, 7 de CSI-CSIF, 6 de CC.OO e 4 de UGT. Tomáronse os seguintes acordos:

  • Elixiuse á presidenta, Pilar de Celis da CIG e ao secretario, Pedro Méndez de CC.OO.
  • Aprobouse unha reforma parcial do regulamento.
  • Creouse a Comisión de Traballo para a Dignificación do Empregado público.

Esta comisión xurde como resposta ás asembleas multitudinarias do pasado día 10 de maio, para canalizar as conclusións que se saíron delas e poder responder ás demandas das empregadas e empregados públicos. Nomeadamente acordouse levar a cabo de xeito máis inmediato:

A Xunta de Persoal conxuntamente co Comité de Empresa de Servizos Centrais da Xunta de Galicia convocan unha asamblea de traballadores/as para analizar as últimas novas sobre os futuribles recortes salariais dos empregados públicos así como as medidas a tomar.

Día: martes, 10 de maio

Hora: 10.30h San Caetano (salón nº2 da consellaría de Presidencia)

         12:30h San Lázaro (salón de actos da consellaría de Sanidade)

Descarga cartaz da convocatoria

O vindeiro xoves, 2 de decembro, terán lugar as votacións para elixir ao Comité de Empresa do persoal laboral de Servizos Centrais da Xunta de Galicia. Animámosvos a participar e a apoiar o noso proxecto que podedes consultar no seguinte boletín especial.

Horario: 10.00 - 17.00h

Lugar: salón grande da Consellaría de Presidencia en San Caetano

Ante as políticas de recortes sociais e supresión de dereitos dos traballadores e traballadoras decretadas polo Goberno, a Xunta de Persoal e o Comité de Empresa dos Servizos Centrais da Xunta de Galicia,

ACORDA APOIAR A CONVOCATORIA DE FOLGA XERAL PARA O VINDEIRO 29 DE SETEMBRO DE 2010, ESIXÍNDOLLE AO GOBERNO UN CAMBIO DE POLÍTICA QUE SUPOÑA:

•   A retirada dunha reforma laboral que:

  • Non vai servir para crear emprego
  • Non vai reducir a dualidade do mercado laboral.
  • Facilita e abarata o despedimento.
  • Reforza o poder empresarial para modificar unilateralmente as condicións de traballo
  • Privatiza a xestión do desemprego.

Informámosche de que nos vindeiros días convocaremos distintas asembleias de empregados e empregadas públicos nas distintas comarcas.

  • Compostela: mercores 26, ás 11 h, no salón 2º de San Caetano.
Descargar.
  • Concurso de traslados corpos xerais, visto para sentenza
  • Na CIG a túa opinión conta: Prazas que non saen no concurso
  • A Xunta privatiza a Administración Pública
  • Dende a CIG seguemos reclamando unha escola infantil en San Caetano
  • Contra o desmantelamento dos comedores públicos e a amortización de postos de traballo
  • Manifestación 17 de maio Queremos galego.

Boletim Serviços Centrais 187. Janeiro 2010. Nesta ediçom:

  • Editorial: Roberto Varela e a anticultura post-moderna
  • Artigos: A perversom dos Falsos (Trabalho e Bem-Estar, um "despachito" perto da casa, 2ª parte)
  • As austeras elites da Administraçom Autonómica (IGAPE, 1ª parte)
  • Acçom Sindical: Educaçom recua no CPI "Camiño de Santiago@ de Pedrouços-Arca (Pino, Corunha)

Tras o boletín especial sobre o acordo salarial pactado en Madrid para o ano 2010, nesta ocasión o boletín da CIG-Autonómica de outubro, entre outros temas de interese, fai unha ampla exposición do que consideramos unha adecuada proposta de acordo económico, dirixida a conseguir unha recuperación do poder adquisitivo perdido nestes anos.

Así mesmo, esiximos que se abra de inmediato unha mesa de negociación para unha nova Lei da Función Pública Galega para desenvolver a carreira profesional, racionalizar e mellorar as condicións de traballo do persoal laboral e funcionario ao servizo da Administración.