Compostela

O martes 12 de febreiro asistimos a unha Comisión de Persoal na que se trataron os seguintes asuntos: concurso de traslados de gardacostas, proceso selectivo A1-escala superior estatísticos, modificación do decreto de listas, etc. A maiores, en “rogos e preguntas” tratáronse outros asuntos de interese (concursos de traslados, procesos selectivos varios, etc).

CONCURSO DE TRASLADOS DE GARDACOSTAS

Traballo en solitario da CIG deste últimos anos para acadar a formación necesaria para o SPDCIF produce os seus froitos. A Dirección Xeral de Defensa do Monte convócanos para abordar o Plan Formativo 2019/2020 para o SPDCIF. Foron necesarias dúas Proposicións Non de Lei (PNL) presentadas pola CIG no Parlamento de Galiza, recorrer á inspección de traballo e unha chea de traballo sindical para chegarmos a este punto.

Dende fai uns meses tiñamos constancia de que ao aparecer a proposta da CIG, íntegra, no ditame da comisión de incendios que se creara no Parlamento ao abeiro dos lumes de outubro do 2017, antes ou despois chegaría este momento. Pois ben, fomos citados por parte da Dirección Xeral de Defensa do Monte para unha xuntanza onde se abordará o plan formativo para o SPDCIF para os anos 2019/2020.

Cumpre agora rematar esta parte do proceso coa formación axeitada e inherente aos traballadores e traballadoras do SPDCIF que se comezou a ancorar coa consecución da categoría profesional 5932 Bombeiro forestal. Como traballadoras/es da familia profesional de "seguridade e medio ambiente" esiximos a formación que por lei nos correspondía, recollida no decreto 624/2013 de 2 de agosto, onde fixa os módulos formativos correspondentes ao certificado de profesionalidade "operacións de vixilancia e detección de incendios..".

Seguimos coas asambleas informativas do Acordo de Concertación do Emprego Público de Galiza:

Verín
- Martes 12/02/19, ás 13:00 h, na sala do distrito forestal.

Pontevedra
- Martes 12/02/19, ás 8:15 h, no Parque de maquinaria da AXI Pontevedra

Ourense
- Mércores 13/02/19, ás 14:00 h, na Oficina de Emprego do Posio

Lugo
- Mércores 13/02/19, ás 17:00 h, no Salón de actos da casa sindical, planta baixa, Ronda da Muralla, 58.

Monforte
- Mércores 13;02/19, ás 10:00 h, na Casa sindical, CIG-Monforte, R/ Roberto Baamonde, 29

Se che interesa, pomos a túa disposición un boletín informativo. Descargar.

No DOG do 6 de febreiro publícase a Resolución da EGAP pola que convocan actividades de formación continua dirixidas ao persoal ao servizo da Administración xeral de Galiza, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

En total son 178 actividades formativas, coas modalidades de teleformación, presencial e mixta. A presentación de solicitudes é ata o día 15 de febreiro en https://egap.xunta.gal/matricula. O número máximo de cursos que se poden solicitar é de cinco.

Non fai tantos anos que non existía teleformación, e a participación a cursos da EGAP era sistemáticamente denegada a numeroso persoal (por exemplo, a dos centros de ensino). Tamén temos numeroso persoal laboral sen formación. Así que queremos aproveitar para lembrar que o acceso aos graos anticipados I e II da carreira profesional, require o cumprimento dalgún criterio a maiores da antigüidade, e que un dos criterios propostos é ter 40 horas de formación (no texto do Acordo non hai límite temporal). E non esquezamos que para os demáis graos diferentes do I e II anticipados, non se coñecen os criterios a cumprir).

Continuamos coas asambleas por diversas localidades e centros de traballo, para informar sobre o Acordo de Concertación do Emprego Público de Galiza. As seguintes asambleas programadas son as seguintes:

Mabegondo (A Coruña)
- Martes 5/2/19, ás 11 h, no CIAM

Pontevedra
- Mércores 6/2/19, ás 14:00 h, no salón de conferencias do Edif. Administrativo.

Lugo
- Xoves 7/2/19, ás 14:00 h, no Edificio Administrativo.

Ferrol
- Xoves 7/2/19, ás 13:00 h, no Edificio Administrativo.

No DOG do luns 4 de febreiro publícase a Resolución pola que se dá publicidade á campaña de vixilancia da saúde para o ano 2019 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galiza, agás para o persoal que presta servizos nos centros docentes da Consellería de Educación.

A inscrición debe facerse de forma telemática dende o web http://www.xunta.gal/riscos.

O prazo de inscrición remata 30 días naturais contados dende o día 5/2/2019.

Se tes algunha dúbida ou necesitas axuda, contacta coa CIG.

Está convocada unha Mesa Xeral de Empregados Públicos para o martes 5 de febreiro, coas seguinte Orde do día:

  • Proposta de convocatoria de concurso de traslados das escalas do Servizo de Gardacostas. Descargar.
  • Proposta de convocatoria do proceso selectivo para o ingreso na escala superior de estatística. Descargar.
  • Proposta de decreto de provisión de postos de traballo. Descargar.
  • Proposta de modificación do decreto de listas 37/2006 (non acompañan documento)

Para contactar coa CIG, preme na seguinte ligazón: contacta coa CIG

Recibimos o primeiro borrador das bases de convocatorias dos procesos selectivos das escalas superior e técnica de seguridade e saúde no traballo, correspondentes ás OEPs dos anos 2016 e 2017.

Curiosidade: na Comisión de Persoal do 4/8/2017, o director xeral de función pública anunciara que estas convocatorias estarían listas no 2018. Así que xa vamos con algo de retraso sobre o cronograma da propia Administración.

Vamos presentar alegacións escritas, así que se queres aportar algo, contacta coa CIG ata o luns 4.

Aprobadas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre na categoría 001 do grupo V (camareiro/a-limpador/a//axudante/a de cociña), convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018.

A listaxe definitiva pode consultarse dende o web de Función Pública: https://i.gal/oSGrJ

Ver resolución do DOG

No DOG do 28/01/2019 publican a Orde do 18 de xaneiro de 2019, conxunta das consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e do Medio Rural, pola que se establece o réxime de prestación de servizos das escalas de axentes forestais e axentes facultativos medioambientais.

Despois de varios meses de negociación, e de realizar varios actos reinvindicativos: manifestacións, roldas de prensa, convocatoria de folga infefinida, consiguese chegar a acordo sobre as condicións de traballo dos axentes forestais/medioambientais. E tras varios meses de espera sae publicada a orde de prestacións de servizos.