Compostela

Por primeira vez na historia, as retribucións dos empregados e empregadas públicas da Administración Autonómica van quedar vinculadas á evolución do Produto Interior Bruto (PIB).

Vai ser nos anos 2019 e 2020, consecuencia do “Acordo de concertación social de emprego público de Galiza” apoiado o 27/12/2018 por CCOO e UGT, acordo que en materia retributiva reproduce o pacto acadado en Madrid entre o goberno de Rajoy e os sindicatos CCOO, UGT e CSIF.

É curioso contrastar como quenes vinculan os nosos salarios á evolución do PIB, rexeitan esta medida nas pensión: os secretarios xerais de CCOO e UGT reclamaban nos anos 2017 e 2018 que a suba das pensións volveran a quedar vinculadas á inflación. Rexeitaban así a decisión do goberno de Rajoy de vincular a revalorización das pensións á evolución do PIB e que deu lugar a unha onda de protestas.

Desplegando artillería mediática para vender un pacto da vergoña sobre a carreira profesional, os medios reflicten as declaracións de Feijoo e dos sindicatos amarelos: mentira tras mentira.

1. A carreira profesional se lle vai aplicar a 21.500 empregados públicos. FALSO.

  • Dos 21.500 empregados públicos só se lle vai aplicar a carreira profesional a 8.395 FUNCIONARIOS DE CARREIRA.
  • FUNCIONARIOS INTERINOS: quedan fora 1.147 interinos, que só poderán acceder ao grao I da carreira profesional como pronto no 2024, xa que terán que agardar 5 anos. E non van poder acceder nunca ao resto de graos da carreira profesional.
  • PERSOAL LABORAL TEMPORAL E INDEFINIDO: quedan fora as case 5.000 persoas, e ningunha vai entrar na carreira profesional.
  • PERSOAL LABORAL FIXO: das 5.681 persoas deste colectivo, só os que opten por funcionarizarse e aproben van poder cobrar os importes da carreira profesional.

O "Acordo de concertación social" no emprego público de Galiza, aprobado na Comisión de Persoal do 27/12/2018 co voto favorable de CCCOO e UGT, e en contra da CIG, inclúe a tan demandada "carreira profesional", un sistema ven a ser unha especie de pacto de "sexenios" que permitirá incrementar as retribucións en función da antigüidade.

A proposta inicial da Administración presentada polo verán estaba destinada exclusivamente ao persoal funcionario de carreira e ao persoal laboral que aceptase a funcionarización. Excluía ao resto do persoal laboral e ao persoal temporal/interino. Ao longo da negociación, algunha cousa mudou.

Acordado na Comisión de Persoal do xoves 27 de decembro, co voto favorable de CCOO e UGT, e voto en contra da CIG. CSIF non se pronunciou. Os acordos de mellora de emprego e carreira profesional, o acordo de funcionarización e o acordo de OEPs 2018-2020, foron refundidos nun único documento (“acordo de concertación social”).

Se anteriormente tentaron meternos o acordo en poucos días de agosto cando a maioría do persoal estaba de vacacións, finalmente quedou aprobado entre os días de Nadal e Aninovo, tamén con moita xente de permiso. Xa que logo, aprobado sen que os sindicatos tivésemos moitas opcións de darlle participación ao persoal afectado e facer un debate en condicións axeitadas.

A CIG, xunto con UGT ven de solicitar a convocatoria da comisión paritaria de interpretación do convenio colectivo do persoal laboral para tratar os seguintes temas:

  • Interpretación da ausencia de ata 3 días por enfermidade sen baixa.

Dende a Consellería de Política Social estanse a descontar os días de ausencia por enfermidade de ata 3 días, cando o/a facultativo/a médico/a non da a baixa por IT, senón que receita un parte por repouso.

Dende a CIG entendemos que este tipo de repouso non debe conlevar desconto ningún, máxime cando ao persoal funcionario non llo realizan.

  • Estudo e proposta da adaptación normativa precisa que dote ao V Convenio Colectivo do Persoal Laboral da Xunta de Galiza, dos preceptos comunitarios referidos á igualdade de trato, en concreto no referido ao dereito á permuta do persoal laboral temporal

Existen innumerábeis sentenzas onde se recolle o dereito a permuta entre persoal laboral temporal, polo que se debe adaptar o convenio a esta realidade.

  • Análise e conclusión do inciso final establecido no apartado 4 do artigo 7 do V Convenio Colectivo do Persoal Laboral da Xunta de Galiza: Adxudicación de posto a traballadores/as declarados/as en situación de incapacidade permanente total.

A data de hoxe estanse a negar ao persoal que ocupa un posto adxudicado por incapacidade permanente total, tanto adscricións temporais como traballos de superior categoría, polo que entendemos que se están a eliminar dereitos.

Continúan as negociacións sobre a carreira profesional, plan de mellora de emprego, funcionarización e ofertas de emprego 2018-2020 (promoción interna, redución da temporalidade, indefinidos por sentenza xudicial e acceso libre).

Despois de catro horas de reunión co director de Función Pública este luns, 17 de decembro, houbo poucos avances. Está prevista unha nova reunión o mércores 19. A CIG mantén a liña firme (outros sindicatos non poden dicir o mesmo).

CARREIRA PROFESIONAL E PLAN DE MELLORA DE EMPREGO E CONDICIÓNS DE TRABALLO

Van xa catro meses dende o anterior borrador. Quedan lonxe as presas que tiñan por asinar a súa proposta por xullo e agosto. Na xuntanza co DXFP do luns 17 de decembro volvemos a discutilo, cun novo texto con poucos cambios enriba da mesa.

No mes de novembro publicamos un boletín extraordinario no que falamos de varios asuntos importantes que se estiveron a negociar nos meses anteriores. Se é do teu interese, aquí tes unha ligazón para botarlle un ollo: descargar.

  • Facemos un percorrido polos antecedentes dos acordos asinados en Madrid nos anos 2017 e 2018 e en Compostela en 2017 pola Administración (do Estado ou Xunta) e os sindicatos CCOO, UGT e CSIF, coa oposición da CIG.
  • A carreira profesional na Xunta: explicamos en que consiste e comparamos a proposta da Xunta coa que xa foi asinada para o Sergas.
  • Acordo de mellora do emprego público e condicións de traballo: un repaso polas súas principais características (retribucións, complemento de incapacidade temporal, xornada de traballo, oferta de emprego, ..
  • Concursos de traslados e Decreto de provisión de postos.
  • Liñas da CIG para a recuperación dos dereitos roubados.

Para as votacións ao Comité de Empresa do persoal laboral dos servizos centrais, que van ser o xoves 13 de decembro, trasladamos a seguinte información de Función Pública sobre os percorridos e horarios dos autobuses.

O minibús contratado será da empresa Rías Baixas, levará un cartace identificativo (eleccións sindicais laborais Xunta de Galicia). O horario é aproximado, pode variar uns minutos en función do tráfico.

Na Comisión de Persoal do martes 11 de decembro foron aprobadas as Ofertas de Emprego Público de persoal funcionario e laboral dependente de Función Pública e a OEP de escalas sanitarias. A Oferta de emprego de Función Pública foi aprobada co voto en contra de CIG e CSIF e favorable de CCOO e UGT. A OEP de escalas sanitarias foi aprobada co voto en contra dos catro sindicatos.

A finais de novembro, a Xunta anunciou publicamente que a OEP do 2018 sería de 5.686 prazas (algo mais de 2.100 para Administración). Certamente un número importante coas miras postas no 26 de maio do ano que ven, cando os cidadáns e cidadás vamos votar nas eleccións municipais e europeas. Así que tocaba darlle alegría ao corpo. Pero hai máis fume do que parece. O conxunto da oferta ten cousas positivas, pero tamén presenta problemas e incógnitas que dende Función Pública non quixeron resolver, contando neste caso co aval e complicidade de CCOO e UGT.

A formación entra definitivamente na axenda do SPDCIF tal e como esiximos na PNL presentada pola CIG o pasado 9 de abril.

A proposta de En Marea, vía emenda adicional, o PP inclúe no ditame final da comisión especial de incendios a proposta de formación rexistrada pola CIG en Abril e comprométese ao seu cumprimento.

A CIG continúa pechando o círculo da formación que comezou a percorrer coa presentación vía PNL- proposición non de lei- en Febreiro de 2016. Daquela, a PNL esixindo formación para o SPDCIF desembocara na primeira convocatoria dos certificados de profesionalidade aos que poido optar o persoal do SPDCIF.