Coruña

No DOG do martes 20 de febreiro de 2018 publícase unha resolución da EGAP pola que se convocan, as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula, desde as 8.00 horas do 21 de febreiro de 2018  e ata as 23.55 horas do 2 de marzo de 2018. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

No DOG do  Venres 16 de febreiro de 2018 publícase unha resolución da EGAP pola que se convocan, de xeito conxunto, as actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

O certificado expedido pola EGAP que acredite a superación das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia permitirá obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX), nos termos previstos no Decreto 218/2011, do 17 de novembro, polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

O Comité de Empresa de Traballo e Benestar da Coruña denuncia que se está incumplindo o acordo polo que se incorporan as instrucións de persmisos, vacacións e licenzas do persoal funcionario ao Convenio Colectivo. Máis en concreto, refírense á Resolución do 12 de marzo de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública que, en base ao acordo acadado entra a Xunta de Galicia e os sindicatos CIG e CCOO,  resolvese incorporar  ao convenio que, segundo a disposición décimo segunda, apartado 5, "Incorporarase un día adicional de asuntos persoais por cada unha das festividades laborais de ámbito nacional de carácter retribuido, non recuperable e non sustituible pola Comunidade Autónoma, cando coincidan con sábado no dito ano"
    
Pola súa parte, nunha interpretación unilateral, a Subdireción de Persoal da Consellería de Traballo e Benestar, supostamente tras elevar consulta á Dirección Xeral da Función Pública, deu orde a todos os centros de Traballo e Benestar, polo menos aos da provincia da Coruña, "que non se pode conceder ese 4º día de asuntos propios ao persoal laboral que traballa a quendas", referindose ao día adicional que deberia compensar que o 12 de outubro de 2013 (Festividade laboral) coincida en sábado. Polo que segun este criterio non se vai conceder ao persoal que traballa a quendas, mais de 3 días no ano, sen ter dereito a nengun día adicional.