Coruña

O martes 4 de setembro tivemos a primeira xuntanza con Medio Rural para tratar a súa Relación de Postos de Traballo. Asistimos CIG e as demáis organizacións sindicais; pola parte de Medio Rural destacamos a ausencia da secretaria xeral ou outros altos responsabis do gabinete con poder decisorio polo que unicamente se adicaron a escoitar as emendas que traíamos dende as organizacións sindicais.

A proposta de RPT que nos achegou a consellería non está vinculada a un obxectivo programado de desenvolvemento do País, no especial na axuda e apoio do sector primario esencial para a Galiza, o agrario, gandeiro e forestal. Mais aínda cando xa temos claro que o mantemento das actividades agrarias e gandeiras tradicionais e o desenvolvemento doutras actividades produtivas no medio son as que poden fixar poboación e reducir os incendios forestais.

Por iso lamentámonos que se pechen centros e amorticen prazas e vemos de novo nesta RPT que nos expón a Xunta outra oportunidade perdida para a mellora do emprego deste servizo público.

A CIG ven de rexistrar escritos dirixidos á Secretaría xeral técnica do Medio Rural, esixindo que se aplique a normativa vixente e se instalen as luces prioritarias aos vehículos do SPDCIF.

Matizamos especialmente o caso das “pickup” das Brigadas, xa que derivada dunha instrución do ministerio do interior de Xuño de 2017, a velocidade destas víase limitada a 90 km/h.

O lume no Parque Natural do Invernadeiro pon en evidencia a falta de seguridade e coordinación que a CIG leva anos denunciando

A CIG presentou hoxe unha nova denuncia contra a Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio diante da Inspección de Traballo por incumprimentos en materia de prevención de riscos laborais tras o acontecido no incendio forestal declarado no Parque Natural do Invernadeiro, en Vilariño de Conso, Ourense, onde se evidenciou a falta de seguridade e coordinación que a central leva anos denunciando.

Comunicado do comité de folga dos axentes forestais e ambientais da Xunta ante o acontecido no incendio forestal provocado pola caída de dous raios este mércores 22 de agosto no Parque Natural do Invernadoiro, en Vilariño de Conso, Ourense:

Axentes ambientais e forestais de toda Galiza manifestáronse este xoves en Santiago de Compostela para reclamar un acordo que regule as súas condicións laborais fronte ás pretensións de Función Pública de incrementarlles aínda máis a xornada excesiva que xa realizan. A marcha partiu dende a Consellaría de Medio Ambiente ao berro de "axente forestal, dignidade laboral" e rematou diante do edificio administrativo de San Caetano. Alí, os e as empregadas sumaron a súa loita a das traballadoras do servizo de limpeza da Xunta que están desenvolvendo unha batalla pola igualdade salarial e contra a sobrecarga de traballo.

Traballadores e traballadoras de ambos colectivos recoñecéronse na súas loitas e acabaron reclamando ao unísono unhas condicións de traballo dignas baixo a consigna "a igual traballo, igual salario" ou "dignidade laboral". A precariedade é unha das consecuencias máis inmediatas das reformas antiobreiras aplicadas nestes últimos anos, agravada polos recortes nos servizos públicos e a parálise na negociación colectiva que, do mesmo xeito que a patronal, a administración tamén ten secuestrada. Razóns todas estas polas que a CIG ten convocada folga xeral do vindeiro 19 de xuño.

 

As consellerías de Medio Rural xunto coa de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Dirección Xeral de Función Pública presentaron unha reordenación das condicións de traballo abusiva, nas que, polo interese no aumento do alto risco de incendios, pretenden incrementar as gardas nun 50%, pasando inadmisiblemente o computo horario anual a máis de 2200h. Sen a reducción horaria das gardas de 12 horas nunhas condicións durisimas de traballo, a falla de compensación en tempo, a ridícula suba de apenas 3 euros por garda (o aumento non seria admisible nin por 100 que quede claro).

Por outra banda, dende a CIG vimos anos reclamando a suba dos niveis mínimos, o recoñecemento das enfermedades profesionais, os coeficientes redutores que permitan a xubilación anticipada e a equiparación do complemento específico a outras escalas de funcionarios semellantes da administraión autonómica, ademais se necesita un plano formativo para o traballo na interface e nos lumes de quinta e sexta xerazón uque é por desgraza a actualidade.

Varias compañeir@s delegadas da CIG, tanto bombeir@s como axentes, asistiron este sábado en Madrid a esta histórica manifestación na loita por unha imprescindíbel e xusta mellora xeral nos servizos de extinción de incendios de todo o estado.

A manifestación convocada en principio pola PASBF- Plataforma asociativa de sindicatos de bombeiros forestais- da cal a CIG é organización colaboradora, a que posteriormente se foron sumando os principais sindicatos do estado, celebrouse polas rúas de Madrid nun ambiente reivindicativo á vez que festivo, xuntando por primeira vez na historia da profesión a colectivos de todo o estado baixo unha principal reivindicación de recoñecemento profesional logo do veto exercido polo Partido Popular e Ciudadanos ao proxecto de lei para acadar un estatuto básico de bombeir@ forestal.

Comeza a andar o grupo de traballo para a elaboración dos pregos de roupa, un ano despois do previsto e logo de ter presentado achegas e numerosas queixas por parte das OOSS polas carencias e incumprimentos así como a pésima calidade do escaso material reposto nos últimos 10 anos.

Este grupo de traballo do Comité de Seguridade e Saúde Laboral esta conformado por un delegado de prevención de cada organización sindical e as xefaturas provinciais.

A roupa de tarballo e calzado, polas características de traballo no exterior, de identificación perante os cidadáns, de riscos biolóxicos e penetración de espiños, que ten que ser portada durante toda a xornada...son un Equipo de Protección Individual imprescindible para o persoal que traballa nos nosos montes e ríos ademais dos centros como recuperación de animais ou parques naturais... Porén o persoal técnico non esta no primeiro documento nin se prevé a súa dotacion inmediata dende a consellería polo que, dende a CIG reiteramos este EPI para todo o persoal que fai tarefas de campo segundo a avaliación de riscos laborais, como tamén xa o temos demandado no CSSL da CMAOT e nas achegas presentadas aos documentos iniciais.

AMTEGA Axencia Modelo de externalización e enchufismo

O 16 de febreiro a CIG presentou unha denuncia perante Inspección de Traballo e Seguridade Social de Ourense denunciando que a AMTEGA se nega a aplicar as medidas contempladas no Plan de Acción. Aos poucos días, o 22 de febreiro, acudiu inspección ao centro de traballo da AMTEGA en Ourense.

Xa recibimos a contestación de inspección de traballo, onde fan un requirimento aos responsables da Xunta de Galicia para que, no prazo de dous meses, solucionen as seguintes deficiencias:

Resumo da citación da inspección de tarballo e seguridade social da Coruña o 10 de abril pola denuncia polo estado dos vehículos do persoal de Medio Rural e o de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Ordenacion do Territorio.

Asistimos a CIG, CCOO e UGT polas organizacións sindicais e o xefe servizo incendios da Coruña e a subdirectora de Contratación por Medio Rural e a vicesecretaria xeral e xefa territorial da Coruña pola CMAOT.