Ferrol

Comeza a andar o grupo de traballo para a elaboración dos pregos de roupa, un ano despois do previsto e logo de ter presentado achegas e numerosas queixas por parte das OOSS polas carencias e incumprimentos así como a pésima calidade do escaso material reposto nos últimos 10 anos.

Este grupo de traballo do Comité de Seguridade e Saúde Laboral esta conformado por un delegado de prevención de cada organización sindical e as xefaturas provinciais.

A roupa de tarballo e calzado, polas características de traballo no exterior, de identificación perante os cidadáns, de riscos biolóxicos e penetración de espiños, que ten que ser portada durante toda a xornada...son un Equipo de Protección Individual imprescindible para o persoal que traballa nos nosos montes e ríos ademais dos centros como recuperación de animais ou parques naturais... Porén o persoal técnico non esta no primeiro documento nin se prevé a súa dotacion inmediata dende a consellería polo que, dende a CIG reiteramos este EPI para todo o persoal que fai tarefas de campo segundo a avaliación de riscos laborais, como tamén xa o temos demandado no CSSL da CMAOT e nas achegas presentadas aos documentos iniciais.

O xoves 12/04/2018 asistimos a unha xuntanza convocados por Medio Ambiente interesada en coñecer as posturas dos representantes dos traballadores sobre as funcións da escala de gardas de recursos naturais.

En realidade, o que busca Medio Ambiente é trasladar ás organizacións sindicais un problema creado por eles mesmos cando unilateralmente, sen negociación, decidiron crear a escala na Lei de medidas fiscais e administrativas do ano 2018 (coñecida como Lei de Acompañamento). Tres meses despois de publicada a lei, decátanse de que o texto publicado recolle unhas funcións diferentes das aprobadas polo Parlamento, ao esqueceren, segundo afirman, de transcribir unha emenda que fora aceptada en trámite parlamentario.

A CIG reclamou o cumprimento do acordo pactado entre Sindicatos e Administración no ano 2008 polo que se procedería á reclasificación do actual grupo V de vixiantes, acordo incumprido pola Administración. Lembramos as nosas alegacións á Lei de Acompañamento do 2018, onde defendiamos a retirada da creación da nova escala, a renegociación total desta, incluíndo as funcións, e o cumprimento do acordo do 2008. O Partido Popular tirou para adiante sen facer o máis mínimo caso ao solicitado polos representantes dos traballadores.

AMTEGA Axencia Modelo de externalización e enchufismo

O 16 de febreiro a CIG presentou unha denuncia perante Inspección de Traballo e Seguridade Social de Ourense denunciando que a AMTEGA se nega a aplicar as medidas contempladas no Plan de Acción. Aos poucos días, o 22 de febreiro, acudiu inspección ao centro de traballo da AMTEGA en Ourense.

Xa recibimos a contestación de inspección de traballo, onde fan un requirimento aos responsables da Xunta de Galicia para que, no prazo de dous meses, solucionen as seguintes deficiencias:

Resumo da citación da inspección de tarballo e seguridade social da Coruña o 10 de abril pola denuncia polo estado dos vehículos do persoal de Medio Rural e o de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Ordenacion do Territorio.

Asistimos a CIG, CCOO e UGT polas organizacións sindicais e o xefe servizo incendios da Coruña e a subdirectora de Contratación por Medio Rural e a vicesecretaria xeral e xefa territorial da Coruña pola CMAOT.

No DOG do 28 de febreiro publícase a Resolución pola que se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2017 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180228/AnuncioCA01-210218-0005_gl.html

As persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta Resolución no DOG, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela)

No DOG de hoxe, 28 de febreiro de 2018, publícase a Resolución de 22 de febreiro, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda o peche e apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral e funcionario interino da Xunta de Galiza.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180228/AnuncioCA01-210218-0006_gl.html

As persoas interesadas poderán presentar solicitude de inclusión no período comprendido entre o 1 de marzo e o 15 de xullo de 2018 (anexo III).

O estado, aberto ou pechado para a incorporación de novas solicitudes, no que se atopa cada lista poderá consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galiza, https://www.xunta.gal/funcion-publica/contratacion-temporal/xeracion-de-solicitudes.

No DOG do martes 20 de febreiro de 2018 publícase unha resolución da EGAP pola que se convocan, as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula, desde as 8.00 horas do 21 de febreiro de 2018  e ata as 23.55 horas do 2 de marzo de 2018. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

A central sindical anima a participar nas concentracións convocadas a prol da diversidade sexual e dos dereitos das persoas LGTBI

A CIG denuncia a hipocrisía do goberno do Partido Popular, quen aprobou hai un ano o Protocolo educativo para garantir a Igualdade de xénero, a non discriminación e a liberdade de Identidade de xénero dxs menores trans", mais permite e consinte que a organización ultracatólica Hazte Oír pasee o bus polas rúas de Compostela e en vindeiras datas noutros lugares de Galiza.
 
Non é casual que o bus se desprace ao noso país o día anterior a que as organizacións ARELAS, AMIZANDO e ULTREIA se reúnan no Parlamento para achegar aos grupos políticos a iniciativa de poñer en marchar unha Lei galega de Identidade de Xénero que recoñeza os dereitos do colectivo trans, e ás portas da conmemoración dun novo 17 de maio Día internacional de combate da LGTBI fobia.
 
É preciso abordar a diversidade afectivo sexual desde un enfoque global que axude a previr calquera discriminación homofóbica e transfóbica e revisar a cultura  heteronormativa que existe na sociedade. Poñer en marcha políticas reais antidiscriminación e antiacoso que especifiquen a orientación afectivo sexual e a expresión de xénero; formación do profesorado, dos servizos sociais e de saúde para saber cómo actuar  naquelas situacións de acoso e vitimización relacionadas   coa   orientación   afectivo sexual   e   a   expresión   de   xénero; introdución no currículo de información acerca das diferentes orientacións afectivo sexuais e expresión de xénero. En definitiva: normalizar, educar na aceptación e normalización de calquera tipo de mostra de afecto entre persoas, independentemente da súa orientación ou identidade sexual o cal significa aceptar sen prexuízos a diversidade.
 
Non hai espazo nas rúas da Galiza para a LGTBI fobia. Por iso facemos un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas en Compostela en repulsa ao bus da xenreira, contra a discriminación e a prol da diversidade:
 

Xoves, quinta feira, 4 de maio ás 20 horas na praza 8 de marzo

 
Venres, sexta feira, 5 de maio ás 12 horas na Praza do Obradoiro

Queremos denunciar, unha vez mais o abandono administrativo e de servizos públicos por parte da Xunta de Galiza na nosa comarca.

Unha comarca tan castigada económica e socialmente como é Ferrolterra, necesita unha verdadeira e profunda atención sociocomunitaria, e uns servizos públicos que faciliten sáidas á profunda crise social que padecen numerosos colectivos; ou cando menos que non empeoren a súa situación con voltas e reviravoltas administrativas, que crean expectativas que non van a ser satisfeitas na realidade.

A CIG-Autonómica convoca a todo o persoal laboral (fixo, indefinido e temporal) a asistir ás seguintes asembleas informativas:

  • Mércores 1 de febreiro, ás 17:30, C.E.E. Terra de Ferrol.
  • Xoves 2 de febreiro, ás 11:00, Menores Ferrol 1.
  • Xoves 2 de febreiro, ás 14:30, R.M. Caranza.
  • Mércores 8 de febreiro, ás 17:00, local da CIG.
  • Xoves 9 de febreiro, ás 11:00, local da CIG.
  • Xoves 9 de febreiro, ás 14:00, Edificio Administrativo.
 
Orde do día:
 
1. Análise da Lei de acompañamento dos orzamentos para o ano 2017 e o seu impacto nos traballadores públicos. Funcionarización.
 
2. Propostas e debate sobre as medidas de presión a realizar.
 
3. Varios.