Ferrol

Informa o Director Xeral de Función Pública (19/06/2018), que a convocatoria do concurso de traslados de corpos xerais será en setembro (polo que supoñemos que en xullo retomaremos e remataremos a negociación), xunto co de veterinarios, e de seguido (este ano) iría o resto da administración especial. A convocatoria de persoal laboral seguen pendente do cambio de categoría; non pon data.

A semana que ven remitirán unha nova proposta de criterios xerais para os concursos. Conterá unha transitoria sobre a aplicación da caducidade da formación ata o 1 de xaneiro do 2020 (lembrar que partiamos dunha caducidade de dous anos e na última Función Pública xa aceptaba 10 anos. Mantemos a nosa defensa de que non caduquen e en xeral estaremos atentos ao que nos presenten.

Consecuencia do concurso de corpos xerais teñen intención de prorrogarán as comisións de servizo que caduquen. A CIG manifesta que eso pode ser fraudulento pois podemos falar de prorrogar as comisións durante un ano. O DXFP afirma confiar en que a resolución do concurso sexa moito máis áxil, atrevéndose a poñer como datas de resolución finais do 2018 ou comezos do 2019. Veremos.

O concurso das escalas sanitarias irá á seguinte Comisión de Persoal tras pasar, por segunda vez, por Mesa Xeral, tras un vergoñento retraso de máis de catro anos segundo o pacto asinado entre Sindicatos e Administración.

Non é algo descoñecido na Administración Autonómica que o tempo que media entre concursos de traslados se midan en décadas para moitas escalas de persoal funcionario e todo o persoal laboral. Tampouco nos é descoñecido que as persoas responsábeis da política de persoal da Administración incumpran sistemáticamente a súa palabra en canto a prazos. A película do concurso de traslados do persoal funcionario das escalas sanitarias é un caso moi bo para ver estes problemas.

O asunto nace no ano 2013 cando Sanidade decide pechar os laboratorios de saúde pública de Coruña, Ourense e Pontevedra, centralizando toda a actividade en Lugo. Despois de diversas xuntanzas, tensións, concentracións.., en decembro dese ano (2013) sindicatos e Administración chegamos a un pacto sobre o persoal dos laboratorios. O pacto incluía a convocatoria dun concurso de traslados no prazo de 6 meses. Así que antes do verán (do 2014) tería que estar convocado o concurso.

  • O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, a Xunta de Galiza e o INSS discriminan ás mulleres que estiveron en suspensión por maternidade no ano 2017.
  • A data de hoxe as traballadoras do Consorcio que tiveron un/ha fillo/a no 2017 non se beneficiaron do incremento da base de cotización como consecuencia do Acordo asinado entre Xunta e sindicatos para a Integración, no que se lles recoñecía, por fin, o pago de trienios con efectos económicos de xaneiro de 2017.

A pesar de ser avisados en diversas ocasións pola CIG de que se tivera en conta a situación do persoal en suspensión por risco durante o embarazo e por maternidade sempre se nos manifestaba que era unha cuestión que tiña que resolver a Seguridade Social. Pedímoslle que comunicaran de oficio a modificación das bases de cotización ao INSS destas máis de 50 mulleres pero non se fixo, polo que tiveron que solicitar de forma individual as súas bases de cotización e reclamarlle a Seguridade Social. As primeiras respostas chegaron estes días no sentido de non estimar a súa petición porque “ a retroactividade non pode exceder de 3 meses”.

Achéganos a consellería unha proposta de modificación da súa RPT. Teremos unha xuntanza o martes 19 de xuño e contamos que posteriormente haberá un prazo para presentar alegacións escritas, previa a inclusión do asunto nunha futura Mesa Xeral.

Se queres contactar coa CIG, podes facelo dende esta ligazón: contactar coa CIG.

O venres 15 achegounos Función Pública unha proposta de modificación da RPT da consellería de Economía, Emprego e Industria. A proposta vai incluída na orde do día da Mesa Xeral convocada para o mércores 20, e discutida previamente nunha xuntanza con Función Pública o martes 19.

Non temos moi claro o que nos van contar o martes 19 pois misturan documentación nova con pasada da anterior modificación da RPT, pero o que non vamos é aceptar un trámite tan de urxencia, sen tempo a estudala nin alegar cando observamos que a proposta ten numerosos cambios.

Se queres botar un ollo, podes descargala aquí, en dúas partes: descargar 1ª parte, descargar 2ª parte.

Podes contactar coa CIG nesta ligazón: contactar coa CIG.

Dende a CIG xa advertíamos no CIG-Informa sobre a reunión con Función Pública que para que queríamos inimigos si tiñamos amigos como CC.OO e UGT, máis preocupados de defender a empresa que as/aos compañeiras/os.

O despropósito absoluto ocorreu o día 5 de xuño de 2018, cando a CIG pregunta a presidencia de Intercentros (CC.OO) porqué non se incluíu na orde do día a celebración de asembleas, SOLICITADAS POLO PERSOAL QUE DEMANDA QUE ESTÁ A FACER O COMITÉ INTERCENTROS, para explicar a xuntanza con FP. A resposta de CC.OO é que como non hai acordo entre as diferentes OO.SS non se inclúe (nun acto dictatorial absoluto, si no estoy de acuerdo no juego) co apoio de UGT.

O día 12 de xuño, logo de que a CIG esixira un intercentros extraordinario, lévase a pleno a proposta de facer asembleas para explicarlle a postura de FP as e aos traballadores e, outra vez, os sindicatos do réxime (CC.OO, UGT) néganse a facelas, esta vez coa escusa de que non hai nada que informar.

Informan de Función Pública que está previsto que se publique no DOG do día 12/06/2018 a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2017 das listas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza.

Así mesmo, está previsto tamén que no DOG do mesmo día se publiquen as listas definitivas para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza de determinados grupos e categorías (IV-033 e V-014) correspondentes aos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, modificado polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro.

Axentes ambientais e forestais de toda Galiza manifestáronse este xoves en Santiago de Compostela para reclamar un acordo que regule as súas condicións laborais fronte ás pretensións de Función Pública de incrementarlles aínda máis a xornada excesiva que xa realizan. A marcha partiu dende a Consellaría de Medio Ambiente ao berro de "axente forestal, dignidade laboral" e rematou diante do edificio administrativo de San Caetano. Alí, os e as empregadas sumaron a súa loita a das traballadoras do servizo de limpeza da Xunta que están desenvolvendo unha batalla pola igualdade salarial e contra a sobrecarga de traballo.

Traballadores e traballadoras de ambos colectivos recoñecéronse na súas loitas e acabaron reclamando ao unísono unhas condicións de traballo dignas baixo a consigna "a igual traballo, igual salario" ou "dignidade laboral". A precariedade é unha das consecuencias máis inmediatas das reformas antiobreiras aplicadas nestes últimos anos, agravada polos recortes nos servizos públicos e a parálise na negociación colectiva que, do mesmo xeito que a patronal, a administración tamén ten secuestrada. Razóns todas estas polas que a CIG ten convocada folga xeral do vindeiro 19 de xuño.

 

As consellerías de Medio Rural xunto coa de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Dirección Xeral de Función Pública presentaron unha reordenación das condicións de traballo abusiva, nas que, polo interese no aumento do alto risco de incendios, pretenden incrementar as gardas nun 50%, pasando inadmisiblemente o computo horario anual a máis de 2200h. Sen a reducción horaria das gardas de 12 horas nunhas condicións durisimas de traballo, a falla de compensación en tempo, a ridícula suba de apenas 3 euros por garda (o aumento non seria admisible nin por 100 que quede claro).

Por outra banda, dende a CIG vimos anos reclamando a suba dos niveis mínimos, o recoñecemento das enfermedades profesionais, os coeficientes redutores que permitan a xubilación anticipada e a equiparación do complemento específico a outras escalas de funcionarios semellantes da administraión autonómica, ademais se necesita un plano formativo para o traballo na interface e nos lumes de quinta e sexta xerazón uque é por desgraza a actualidade.

Varias compañeir@s delegadas da CIG, tanto bombeir@s como axentes, asistiron este sábado en Madrid a esta histórica manifestación na loita por unha imprescindíbel e xusta mellora xeral nos servizos de extinción de incendios de todo o estado.

A manifestación convocada en principio pola PASBF- Plataforma asociativa de sindicatos de bombeiros forestais- da cal a CIG é organización colaboradora, a que posteriormente se foron sumando os principais sindicatos do estado, celebrouse polas rúas de Madrid nun ambiente reivindicativo á vez que festivo, xuntando por primeira vez na historia da profesión a colectivos de todo o estado baixo unha principal reivindicación de recoñecemento profesional logo do veto exercido polo Partido Popular e Ciudadanos ao proxecto de lei para acadar un estatuto básico de bombeir@ forestal.