Ferrol

O Comité de Traballo e Benestar da Coruña, entregou o mércores 30/10/2013 unha carta-pancarta dirixida á Xefa Territorial da Coruña de Traballo e Benestar. Solicitan a implicación da Xefa Territorial para solucionar a falta de recursos que están a padecer os Centros dependentes do departamento presidido pola conselleira Beatriz Mato.
 
Representantes do Comité de Traballo e Benestar da Coruña, membros dos sindicatos CIG, UGT e CSIF, entregaron no rexistro,  omércores 30 de outubro de 2013, unha carta pancarta de 7 metros de largo por 1,50 de ancho, que levaba redactada unha carta dirixida á Pilar Caridad, Xefa Territorial de Traballo e Benestar na Coruña.

O Comité de Empresa de Traballo e Benestar denuncia publicamente a desidia do departamento dirixido por Beatriz Mato, en canto á dotación adecuada e estipulada legalmente de roupa de traballo para o persoal de escolas infantis, centros de menores e residencias de maiores da provincia da Coruña.

A pesar de que o V Convenio do Persoal Laboral ordena a entrega anual de roupa e calzado profesional para o persoal laboral dos centros de atención directa, a consellería de Traballo e Benestar, incumpre coa súa obriga á espera dun macro concurso de subministración que ademais non contempla entregas de roupa de traballo coa temporalidade anual ou desaparecen categorias completas como as que prestan servizo nas Escolas Infantís.

Esta situación que xa se manten durante todo o ano 2013, esta a provocar verdadeiras situacións de vergonza allea, ao ter que prestarse servizos con roupa desgastada polo uso, con calzado en mal estado e mesmo uniformes con remendos.

O Comité de Empresa de Traballo e Benestar da Coruña denuncia que se está incumplindo o acordo polo que se incorporan as instrucións de persmisos, vacacións e licenzas do persoal funcionario ao Convenio Colectivo. Máis en concreto, refírense á Resolución do 12 de marzo de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública que, en base ao acordo acadado entra a Xunta de Galicia e os sindicatos CIG e CCOO,  resolvese incorporar  ao convenio que, segundo a disposición décimo segunda, apartado 5, "Incorporarase un día adicional de asuntos persoais por cada unha das festividades laborais de ámbito nacional de carácter retribuido, non recuperable e non sustituible pola Comunidade Autónoma, cando coincidan con sábado no dito ano"
    
Pola súa parte, nunha interpretación unilateral, a Subdireción de Persoal da Consellería de Traballo e Benestar, supostamente tras elevar consulta á Dirección Xeral da Función Pública, deu orde a todos os centros de Traballo e Benestar, polo menos aos da provincia da Coruña, "que non se pode conceder ese 4º día de asuntos propios ao persoal laboral que traballa a quendas", referindose ao día adicional que deberia compensar que o 12 de outubro de 2013 (Festividade laboral) coincida en sábado. Polo que segun este criterio non se vai conceder ao persoal que traballa a quendas, mais de 3 días no ano, sen ter dereito a nengun día adicional.

O órgano de representación do persoal funcionario na provincia da Coruña, vén de pór en coñecemento do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a situación no Instituto de Educación Secundaria de Pontepedriña (Santiago de Compostela) durante o mes de agosto.

Durante este período de tempo, unha funcionaria subalterna do centro, tivo que asumir a apertura e atención do centro sen que houbese  membros do equipo directivo no lugar de traballo, máis que ocasionalmente. Así mesmo, as persoas que acudiron nese mes de agosto para demandar algún tipo de documentación foron derivados a que a recollesen a partir do mes de setembro, deixando desatendida a principal función que ten un centro educativo durante este período non lectivo.

A Xunta de Persoal funcionario da Coruña considera que “estes feitos supoñen unha delegación improcedente de funcións do equipo directivo do centro, que constituíron ademais un factor de risco para a seguridade da traballadora”, xa que tivo que manter ela soa o centro aberto, sen ningún tipo de apoio e sen ningunha autoridade responsable presente, dada a ausencia da totalidade do equipo directivo. 

Por estes feitos, a Xunta de Persoal solicitou a apertura dun expediente informativo para que se depuren as responsabilidades correspondentes a esta acción, incomprensible e inaceptable. En especial é criticable a actitude dos responsables da Inspección de Educación, cuxo criterio de permitir a ausencia de membros dos directivos nos centros aínda que estean en funcionamento e abertos ao público está a producir situacións como a do IES de Pontepedriña.

Desde a CIG, queremos manifestar o noso apoio a esta denuncia da Xunta de Persoal da Coruña; así mesmo, manifestamos que imos denunciar todos e cada un dos casos similares que se poidan producir, nos que o persoal non docente dos centros educativos teña que, por unha banda, asumir funcións que non lle corresponde e, por outra, ficar en situacións de perigo pola ausencia de membros dos equipos directivos, por causa da notoria parcialidade da Inspección de

Membros do Comité de Empresa de Traballo e Benestar da Coruña presentaron onte 11 de setembro de 2013 ante Valedor do Povo unha QUEIXA contra o departamento de Beatriz Mato pola discriminación na aplicación da xornada de verán respecto do resto do persoal da Xunta. 

A queixa fundaméntase na discriminación do colectivo de persoal laboral que cumpre as súas funcións en postos de traballo de residencias de maiores, CAPD e outros dependentes da Xefatura Terriorial da Coruña, en canto a non aplicación da instrución do 20 de xuño de 2013 sobre a xornada de traballo de verán para o persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Comité de Empresa en Coruña plantéxalle á Conselleira de Traballo e Benestar, o despilfarro de fondos públicos e o encarecemento dos servizos prestados aos usuarios que vai supoñer o funcionamento da Axencia Galega de Servizos Sociais.

O COMITÉ DE EMPRESA solicitou hoxe da conselleira Beatriz Mato unha reunión urxente para poñela en aviso sobre o que vai supoñer para o persoal e os usuarios a creación dun novo “chiringuito” denominado Axencia Galega de Servizos Sociais, un ente público que supora a duplicidade de postos directivos, xerentes, e subdirectores nomeados todos eles a dedo e por criterio partidista e persoal de Beatriz Mato.

Denuncian que mentres a conselleira se vai á festa do Albariño, deixa desatendidos aos centros públicos de Benestar.

O Comité de Traballo e Benestar da Coruña prantexoulle á Xefa Territorial  -Pilar Caridad- o alarmante deterioro das condicións de traballo debido á pouca cobertura das vacacións do persoal nos meses de xullo e agosto, que se une a que tampouco se están a cubrir as baixas que se producen por enfermidade común ou doutro tipo.

Os Tribunais de Xustiza veñen de estimar a demanda presentada a través dos servizos xurídicos da CIG por un funcionario, sobre a cobertura en comisión de servizos do posto de director da Oficina de Emprego das Pontes (Xefatura Territorial de Traballo e Benestar da Coruña).

O posto de director desta oficina de emprego (nivel 20), fóralle concedido en comisión de servizos a unha persoa funcionaria do subgrupo C2 destinada noutra consellería e sen experiencia en oficinas de emprego, apesar de que fora solicitado tamén por un traballador do subgrupo C1 destinado na Oficina de Emprego das Pontes desde hai anos.

O Xulgado do Contencioso nº 1 de Ferrol sinala que a Resolución de 27 de marzo de 2006, pola que se ditan instrucións sobre a cobertura temporal de postos de traballo mediante comisión de servizos, contempla que para as comisións de servizo debe propoñerse, preferentemente, a persoas do mesmo centro directivo.

Esta preferencia do persoal do mesmo centro foi incumprida neste caso sen que a Administración o motivase. Por iso, a sentenza estima a demanda interposta polo funcionario que, ao executarse a sentenza, actualmente xa se encontra desempeñando o posto de director da Oficina de Emprego das Pontes.

Cómpre ter en conta, ademais, que é responsabilidade da Dirección Xeral da Función Pública asegurar o cumprimento da normativa en materia de comisións de servizo. Casos como o da Oficina de Emprego das Pontes exemplifican que se está a facer uso da figura da comisión de servizos para fins espurios, limitándose a Consellería de Facenda a amparar a ilegalidade, dándolle o visto e prace ás persoas propostas polas Consellerías para cubrir os postos en comisión, ignorando a preferencia do persoal da unidade e calquera criterio obxectivo de idoneidade.

Desde a CIG valoramos positivamente a rápida actuación da Xustiza neste proceso xudicial, levado exitosamente polos servizos xurídicos do noso sindicato, que vén a confirmar ademais que existen límites á discrecionalidade nas comisións de servizo, sentenzando que a Administración ten a obriga de motivar os supostos nos que se adxudica unha comisión de servizo a persoas alleas á unidade.

Descargar a sentenza 73/2013 do Xul. do Contencioso-Admvo. nº 1 de Ferrol

O vernres, 7 de xuño, tivo lugar unha concentración convocada polo Comité de Traballo e Benestar de A Coruña no CAPD A Coruña -Centro de Atención a Persoas Discapacitadas - (ex Santiago Apóstol), para esixir que a Consellería cubra as baixas e as vacacións en todos os Centros de Maiores, Menores, e de Persoas discapacitadas intelectualmente.

Durante a concentración (video) leuse o seguinte comunicado:

Os sindicatos convocantes da folga xeral de Ferrolterra para o 12 de xuño fan un chamamento especial ás traballadoras e traballadores públicos da comarca a secundar a convocatoria. Pola súa banda, o Comité de empresa de Traballo e Benestar da Coruña emitiu un comunicado de apoio e chamamento ao persoal laboral desta consellaría á participación activa.

Comunidado do Comité de empresa de Traballo e Benestar da Coruña