Ferrol

Compostela é a segunda cidade galega en número de persoas desempregadas

A cidade de Compostela ven de acadar, segundo a EPA, o 27,2% de traballadores e traballadoras en situación de desemprego, só superada pola cidade de Ferrol que lembremos leva décadas castigada polas mal chamadas reconversións da construcción naval. A situación que esta a padecer Compostela está a arrastrar ao conxunto dos concellos da nosa comarca.

En liñas xerais os concellos estanse a limitar a facer seguidismo das políticas de recorte emanadas dende os gobernos que o PP exerce con maioría absoluta tanto na Xunta como no goberno do estado, e polo tanto acrecentando as desigualdades sociais, a desprotección social e o empobrecemento.

Ante a calada por resposta da conselleira Beatriz Mato, a todos os problemas prantexados polo persoal laboral que traballa en domingos e festivos, sen que teñan nengún tipo de compensación e con quendas de estrés laboral que imposibilitan a conciliación laboral e familiar, o Comité de Empresa mantén a convocatoria de folga para o domingo 28 de  abril de 2013. Convócanse tamén concentracións nos centros de maiores de Ferrol  (Caranza, ás 11,30 horas), e Santiago (Porta do Camiño, ás 10,30 horas).

O xoves 25 de abril tivo lugar un Pleno no Concello de Sada no cal se debateu unha moción en defensa de que o Complexo Xuvenil "As Mariñas" estivera aberto todo o ano e en contra da destrucción de 11 postos de traballo que vai facer a Xunta de Feijoó.
 
A este Pleno asistiron membros do Comité de Traballo e Benestar da Coruña xunto con traballadores e traballadoras dos Albergues que, ao remate da moción presentada, levantáronse e desplegamos unha pancarta con este texto:
 
"ALBERGUES PUBLICOS, ABERTOS TODO O ANO
NON A DESTRUCCIÓN DE POSTOS DE TRABALLO POLA XUNTA DE FEIJOÓ
COMITÉ DE TRABALLO E BENESTAR DE A CORUÑA".

A CIG súmase á convocatoria da manifestación que, na defensa dos servizos socias da comarca, convoca e impulsa o Comité de Empresa da Consellería de Traballo e Benestar da provincia da Coruña para o mércores 24 de abril ás 8 da tarde, con saída desde a Praza de España.

Denunciamos que xa se leva un tempo longo recibindo os ataques aos servizos públicos instalados na Comarca de Ferrol, primeiro coa privatización dunha parte importante da xestión do antigo CEE Carmen Polo, mediante a creación e externalización do Souto de Leixa, cunha cuantificábel perda de asistencias e unha diminución da calidade da prestación dos servizos para un sector da nosa poboación minoritario pero especialmente sensible.

Despois co desaloxo do centro de menores Soutomaior, baixo a escusa de unificar os dous centros existentes. O resultado foi a infrautilización do centro que contaba con instalacións máis modernas, e unha diminución tamén cuantificábel do número de rapaces e rapazas acollidos nas instalacións que a Consellería de Traballo e Benestar ten na comarca.

E agora coa vontade, por parte da mesma Consellería, de proceder á supresión da unidade de valoración da dependencia. Unha vez máis, baixo a escusa de reestruturacións técnicas do servizo se procede a eliminar outro servizo social.

Dentro da segunda xornada de folga, as traballadoras e traballadores da residencia Volta do Castro, en servizos mínimos, concentráronse o domingo, 21 de abril, ás 10:30 h por unhas carleteiras de 2013 xustas e e quilibradas, pola compensación en tempo de descanso dos domingos e festivos.

Continua o conflicto nos servizos sociais públicos galegos pola imposición de quendas de traballo abusivas, inxustas e discriminatorias, por parte dos directores dos centros de Traballo e Benestar na Coruña (Residencias da Terceira Idade, Centros de Menores, Complexo Xuvenil As Mariñas e CAPD). A conselleira Betariz Mato, continua coa calada por resposta ás queixas do persoal laboral pola non negociación das xornadas de traballo, coa imposición de 7 días de traballo continuados, 3 noites seguidas e 2 domingos de traballo seguidos.

Traballadores e traballadoras das Oficinas de Valoración da Dependencia de Ferrol e Santiago de Compostela realizaron este mércores unha xornada de peches e asembleas en contra das amortizacións anunciadas pola Consellaría de Traballo e Benestar e a prol da continuidade destas unidades en ambas cidades e do mantemento dos servizos sociais públicos cerca dos potenciais usuarios e en mans de profesionais técnicos cualificados/as no Traballo Social. . O Comité de Traballo e Benestar denuncia que a decisión da consellaría suporá afastar o servizo da cidadanía e unha perda de axilidade e eficiencia na tramitación dos expedientes.

O mércores, 17 de abril, as traballadoras e traballadores da Unidade da Depencia en Santiago de Compostela, iniciarán un peche a partir das 14:00 h. de xeito simultáneo que o que van realizar os compañeiros e compañeiras da Unidade de Dependencia de Ferrol ao finalizar a xornada laboral, convocados polo Comité de empresa de Traballo e Benestar da provincia da Coruña en contra das amortizacións e en favor do mantemento dos servizos sociais públicos cerca dos potenciais usuarios e en mans de profesionais técnicos cualificados/as no Traballo Social.

Este acto de protesta ten como obxectivo denunciar a intención da Consellaría de Traballo e Benestar de desmantelar as oficinas de valoración da Dependencia en Compostela e Ferrol.

O 15 de abril de 2013 celebrouse o 36º aniversario da Residencia pública de maiores de Caranza (Ferrol). Como non, tocaba pincho cos amigotes, que para iso están algúns na Administración pública. Entre os amigos estaban diversos directores doutros centros "amigos" da provincia (Torrente Ballester, Imserso Ferrol.....) e como non, a presentación en sociedade da nova fichaxe: a recén chegada xefa territorial de Traballo e Benestar da Coruña, Pilar Caridad.

Nas fotos obsérvase a "cálida" recepción coa que agasallaron as traballadoras e traballadores do centro a todos estes "amigos" sempre tan receptivos ás súas problemáticas laborais e á defensa dos servizos públicos, sobre todo cando hai algo que repartir.

Por primeira vez en anos, os directores das Residencia de Maiores, Centros de Menores e CAPD da Coruña, aparecen a primeira hora dun domingo nos seus postos directivos, obrigados para exercer o control sobre as presencias dunhas carteleiras, que eles mesmos inflaron a proposito, co fin de obrigar ao persoal a traballar dous domingos consecutivos, 7 días continuados e quendas de 3 noites de servizo. A pesar de cobrar o complemento de especial responsabilidade é a primeira vez no exercicio do seu cargo de libre desginación (a dedo), que os directores aparecen polos Centros que dirixen. Circunstancia que sorprendeu aos traballadores ao ver, por primeira vez na súa vida, a un director acudir ao seu posto en domingo.

A xornada de folga desenvolveuse sen incidencias, con concentracións nas residencias de Caranza en Ferrol e Porta do Camiño en Santiago de Compostela.

No DOG do 12/04/2011 publicanse o que a Consellería de Traballo e Benestar chama "Servizos Mínimos" cara á folga dos domingos 14, 21 e 28.  O Comité de Empresa de Traballo e Benestar da Coruña escolleu o domingo como símbolo dos abusivos turnos impostos ao persoal laboral dos centros. As persoas responsabeis deste departamento pretenden obrigar ao persoal a traballar dous fins de semana sí, un non, sete días consecutivos ou tres noites seguidas, quendas con rotacións non equilibradas nas que uns teñen moita carga de traballo e outros pouca. Entendemos o pouco que lle importan as carteleiras a estas persoas reponsabeis da consellaría xa que fan unha cómoda xornada de oficina de luns a venres, que mesmo lle resulta máis cómoda aínda porque non soen ni cumprir o seu horario.