Ferrol

A consellaría de Traballo e Benestar vén de impoñer uns servizos mínimos superiores aos dun domingo, cando a folga está convocada precisamente en tres domingos consecutivos.

Na primeira reunión do Comité de Folga do día 10 de abril rechazouse a proposta de servizos mínimos proposta pola consellaría. Unha proposta claramente abusiva que incumpre o auto do 19 de xuño de 2002 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza, que reocollía o Decreto de servizos da folga xeral do pasado 14N. Este auto define os servizos mínimos non poderán exceder en cada centro o número de persoas que normalmente permanecen neles con ocasión dun domingo ou día festivo.

A representación sindical indica que a FOLGA convocase pola falta de negociación e imposición das carteleiras de 2013, con xornadas abusivas e quendas que non son nen xustas nen equilibradas. O talante do Comité é solucionar un conflicto que conleva o deterioro das condicións de traballo e demostrar que as carteleiras non obedecen a necesidades de servizo e si  á arbitraiedade e desconcerto que teñen os directores dos Centros. Como proba palpable é esta proposta de servizos mínimos feita sin rigor nen seriedade xa que calca os servizos minimos da última convocatoria de FOLGA (en día de semana) sen ter en conta que o 14, 21 e 28 de abril son DOMINGOS. Faise constar tamén que por parte da Xefatura da Coruña, non houbo opción a negociar as carteleiras, e por parte dos directores estanse a aplicar uns criterios arbitrarios e sen xustificación para establecer as carteleiras de 2013.

Propoñen transformar unha planta do centro de Ferrol co obxectivo de cubrir a demanda existente.

O Comité de Empresa da Consellaría de Traballo e Benestar vén de solicitar da titular do departamento autonómico que proceda a tomar as medidas necesarias para abrir unha nova planta para persoas asistidas na Residencia de Ferrol. Dende o persoal sublíñase que o proceso de transformación dunha planta de válidos/as en asistidos/as non requiriría grandes obras e permitiría atender a demanda existente.

O Comité de Empresa da Consellaría de Traballo e Benestar da Coruña vén de comunicar á autoriade laboral o acordo de convocatoria de tres xornadas de folga os vindeiros domingos: 14, 21 e 28 de abril.

Os obxectivos da FOLGA son concretamente que a consellería de Traballo e Benestar estableza unhas quendas de traballo para o 2013 xustas e equilibradas que respeten os dereitos do persoal laboral e que teñan en conta as compensacións por traballo en domingos e festivos e o descanso por solapamento de xornada.

Mentres a Consellaría quere botar a 11 traballadores a rúa mantén o posto de subdirector dunha persoa que, a pesar de estar nomeada como tal, nunca pasou polo centro.

Pode existir un Centro Público que teña un Subdirector desde maio do 2012 e que non teña pisado o Centro? Pode ser que a Consellería de Traballo e Benestar teña creado ese posto de Subdirector, posto de Libre Designación, para darllo a unha persoa concreta? Pode que esa persoa concreta fora un funcionario do Concello de Boqueixón, Concello ao cal pertence tamén o Director Xeral da Xuventude -Ovidio Rodeiro Tato?

Este mércores día 6 de marzo tivo lugar una Asemblea-Concentración no Complexo Xuvenil “As Mariñas” para denunciar as mentiras da Xunta á hora de propoñer a privatización e posterior peche deste centro.

O Comité de Empresa de Traballo e Benestar da Coruña, denuncia que a Dirección Xeral de Xuventude quere pechar o Complexo Xuvenil As Mariñas en Bergondo a pesar de ter carga de traballo. Por iso, a partires do 24 de marzo dous dos seus principais programas "ROTEIROS" e "AULA XUVENTUR" que se ían celebrar nas instalacións do Albergue Xuvel de Gandarío (xunto co Albergue da Marina Española integra o citado complexo) que acollería a preto de un millar de mozas e mozos.

Traballadores e traballadoras destas oficinas fixeron sendas concentracións de protesta e posterior asembleas contra a supresión de postos de traballo e polo mantemento da Dependencia en Santiago e Ferrol.

A eliminación destas oficinas suporía o despedimento de 13 traballadores/as e a perda de axilidade, racionalidade e simplicidade na xestión das tramitacións de expedentes para a cidadanía. Penalizase as persoas de Santiago de Compostela e Ferrol, así coma das localidades próximas a estas comarcas que terán que acudir a Coruña para solicitar información ou facer as xestións necesarias do seu expediente. Rematase coa proximidade ao cidadán e dificultase o seu acceso a unha tramitación axil e eficiente.

A consulta é para coñecer a opinión das traballadoras e traballadores sobre se prefiren a compensación en tempo de descanso ou en cartos

A Consellería de Traballo e Benestar deixou de compensar en tempo de descanso, o traballo en domingos e festivos en abril de 2012. Dende aquela o persoal laboral das residencias de maiores, centros sociocomuntarios, centros de menores e CAPD, non teñen nengún tipo de compensación. Na actualidade a Xunta de Galiza, oferta unha compensación económica que vai dende os 17 ata os 30 € segundo a categoria que sexa, por un día de traballo en domingo e festivo, e desbota totalmente a posibilidade de compensar con tempo de descanso tal e como se viña collenda ata o ano 2013.

O Comité de Traballo e Benestar da Coruña convoca concentracións de protesta pola intención de suprimir postos de traballo e desmantelar o Complexo Xuvenil As Mariñas en Bergondo e os Equipos de Valoración da Dependencia en Santiago e Ferrol. Pola defensa dos servizos públicos. As concentracións de protesta son as seguintes todas ela a realizar o día 6 de marzo de 2013 ás 10h:

  • Complexo Xuvenil As Mariñas: Concentración asemblea-protesta ás 10,00 horas. Cornide nº 20 15167 Bergondo.

 

  • Ferrol  concentración ás 10,00 horas, diante do edificio da Xunta de Galicia, entrada que é tamén ás oficinas do Equipo de Valoración da Dependencia Praza Camilo José Cela, s/n 15403 Ferrol. (50 persoas).

 

  • Santiago de Compostela  concentración ás 10,00 horas, na entrada das oficinas do Equipo de Valoración da Dependencia Praza de Europa, 2º-10A Área Central 15703 Santiago de Compostela.

Acudiron tamén traballadores/as do complexo xuvenil “As mariñas” en gandarío para defender a continuidade do seu centro de traballo que a consellería quere desmantelar.

O mércores 20 de febreiro de 2013, membros do Comité de Empresa de Traballo e Benestar e un grupo de traballadoras/es de Gandarío levaron adiante unha protesta contra a amortización de postos de traballo, co desmantelamento de centros como Gandario ou as oficinas da Dependencia en Santiago e Ferrol, e a amortización de prazas en residencias de maiores, oficinas de emprego e centros de maiores.

A medida da Consellaría de Traballo e Benestar deixa o centro practicamente sen persoal para que poida funcionar.

Traballadores e traballadoras do Complexo Xuvenil das Mariñas en Gandarío-Sada, desenvolveron este luns, 18 de febreiro, unha protesta-asemblea diante do centro para denunciar a supresión de 11 postos de traballo e acordar as medidas a realizar para evitar os despedimentos e o desmantelamento dun centro público que leva 20 anos prestando servizos como albergue para mozos e mozas.

A asemblea-protesta acordouse tras coñecerse a intención da Consellaría de suprimir –dentro do plan de amortización de prazas e despedimento colectivo de persoal da administración- once postos de traballo no albergue xuvenil, que maiormente afectan a persoal de cociña, camareiras-limpadoras e persoal de almacén, polo que o centro practicamente quedaría sen persoal para que poida funcionar.