Boletíns

Poñemos a túa disposición un boletín informativo do mes de marzo de Ourense.

Neste boletín fálase sobre:

  • Eleccións sindicais á Xunta de persoal funcionario na provincia de Ourense
  • Novo edificio administrativo e mellora dos centros
  • Concurso de traslados
  • Melloras na xubilación
  • Polo futuro da provincia de Ourense
  • Candidatura da CIG á Xunta de persoal de Ourense

Podes descargar o boletín premendo nesta ligazón.

Poñemos a túa disposición un boletín informativo sobre o Acordo de concertación do emprego público de Galiza, no que facemos un repaso dos aspectos positivos e negativos deste texto que vai ter un importante impacto sobre o persoal ao servizo da Administración Autonómica.

Entre outros asuntos, falamos: da carreira profesional, retribucións, mellora de emprego e das condicións de traballo, a funcionarización do persoal laboral, as ofertas de emprego, ..

Se despois de lelo tes dúbidas, podes contactar coa CIG.

No mes de novembro publicamos un boletín extraordinario no que falamos de varios asuntos importantes que se estiveron a negociar nos meses anteriores. Se é do teu interese, aquí tes unha ligazón para botarlle un ollo: descargar.

  • Facemos un percorrido polos antecedentes dos acordos asinados en Madrid nos anos 2017 e 2018 e en Compostela en 2017 pola Administración (do Estado ou Xunta) e os sindicatos CCOO, UGT e CSIF, coa oposición da CIG.
  • A carreira profesional na Xunta: explicamos en que consiste e comparamos a proposta da Xunta coa que xa foi asinada para o Sergas.
  • Acordo de mellora do emprego público e condicións de traballo: un repaso polas súas principais características (retribucións, complemento de incapacidade temporal, xornada de traballo, oferta de emprego, ..
  • Concursos de traslados e Decreto de provisión de postos.
  • Liñas da CIG para a recuperación dos dereitos roubados.

- Incendios de sexata xeración, e Medio Rural..!?
- Reestruturación do SPDCIF.
- PNL formación.
- Rotativos emerxencias.
- Seguridade nos incendios forestais.
- Cadernos técnicos: o manexo da auga.
- Prevención.
- O eucalipto coloniza as terras agrarias.
- Temporalidade no SPDCIF.

Pomos á túa disposición a "guía de conciliación" da CIG, actualizada a xullo/2018, coa inclusión dos cambios no permiso de paternidade.

No documento inclúense os seguintes apartados:

  • Permisos, xestións relacionados coa maternidade.
  • Permisos, xestións relacionados coa paternidade.
  • Permiso de lactación.
  • Redución de xornada por coidado de fillas/os e familiares.
  • Redución de xornada por coidado de menores afectados/as por candro e enfermidade grave
  • Excedencia por coidado de crianzas e familiares.
  • Permisos para coidado de familiares con enfermidade.
  • Flexibilidade horaria e outros permisos para conciliar a vida familiar, laboral e persoal.
  • Risco no embarazo e na lactación natural.
  • Acoso sexual e por razón de sexo.
  • Violencia de xénero.
  • Plans, protocolos e medidas de igualdade.
  • Modelos de solicitudes.
  • Propostas da CIG en materia de negociación colectiva con perspectiva de xénero.

Os contidos desta guía están referenciados á lexislación básica. A Lei do emprego público de Galiza mellora algúns puntos concretos. Por poñer un só exemplo, a duración do permiso por parto (16 semanas no Estatuto dos traballadores, 20 semanas na LEPG).

Poñemos a túa disposición o Boletín CIG Saúde Laboral, nº 28, publicación en materia de prevención de riscos laborais e saúde laboral elaborado polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega.

Descargar boletín.

  • OIT. Informe inicial para a Comisión Mundial sobre o futuro do traballo.
  • Proxecto do novo regulamento da lei de mutuas: un novo paso na destrución de dereitos dos/as traballadores/as.
  • Control da Incapacidade Temporal e Prestacións Económicas.
  • O po de sílice libre entra no cadro de enfermidades profesionais.
  • Avaliación da aplicación práctica das directivas de seguridade e saúde no traballo (SST) no marco da UE.
  • T+55: seguridade e saúde laboral para traballadores/as maiores de 55 anos.

Poñemos a túa disposición en formato electrónico o folleto informativo que elaborou a CIG-Autonómica con información do réxime de vacacións, permisos, licenzas, reducións de xornada e incapacidade temporal na Xunta de Galiza. Descargar folleto.

A información está esquematizada e organizada para unha doada consulta, incluíndo os tipos de permisos, licenzas .. , a súa duración, e diferentes observacións de interese.

Información e funcionamento do Decreto 37/2006 polo que se regulan as listas de contratación. Inclúe modificacións do Decreto 124/2016.

- Procedemento de elaboración das listas: solicitudes, ámbitos, actualización de méritos, reclamacións, prazos, baremo, suspensión de chamamentos, situación nas listas, penalizacións, etc.


- Acordos da comisión permanente de listas.

Poñemos a túa disposición un Boletín sobre a Folga Xeral do día 29 de xuño 2018, feito polos compañeiros de Ourense:

  • Pola recuperación dos nosos dereitos
  • Mesmo traballo, retribucións moi inferiores
  • Fondo de Acción social inexistente
  • O radón
  • Polos dereitos laborais e os servizos públicos.Pola dignidade na función pública
  • Ourense: a única provincia sen edificio administrativo
  • Estamos fartos e fartas: A folga xeral é a nosa resposta

Boletín Folga Xeral 19 de xuño 2018 - Edición de Ourense

Poñemos a túa disposición o Boletín de Servizos Centrais do verán de 2017, cos seguintes contidos:

  • Función Pública subtrae postos do futuro concurso xeral e da elección de destino.
  • A CIG dí NON á derradeira proposta de acordo da segunda actividade para o persoal do SPDCIF.
  • 29 de xuño: Manifestación en Compostela de Axentes Medioambientais.
  • Concentración de rexeitamento aos orzamentos do Estado o día 28 de xuño na Coruña.
  • Campaña de verán de alto risco. Reinicio da actividade laboral do persoal fixo descontinuo de 3 meses.
  • Nota informativa sobre o horario de verán.
  • Renovación do convenio da CIG-Administración Pública coa Academia Postal para a aplicación de descontos á afiliación.
  • Novas de última hora.