Os tempos son chegados de defender ao noso querido Partido Popular, liderados polo noso amado Alberto, lugartenente do infalíble Mariano.

Despois de moitos anos infiltrados entre as hordas do sindicato CIG, chegou o momento de dar a cara, de destaparnos e combater heroicamente contra os novos ventos que se achegan.

No boletín que che presentamos facemos unha defensa da acción de goberno de Feijóo, un percorrido polo seu glorioso mandato, ofrecémosche unha relación de feitos concretos de austeridade, de política cara ás empregadas e empregados públicos, unha carta do noso Presidente, e até a papeleta de votación do PP.

Xa está dispoñible para a súa descarga o Boletín especial eleccións 21-O.