Todas as novas

O vindeiro 13 de decembro o persoal laboral dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza temos unha cita para participar nas nosas eleccións sindicais e elixir o Comité de Empresa que nos vai representar nos vindeiros catro anos.

É o momento no que todas e todos podemos expresar a nosa opinión e participar votando por aquelas persoas que van defender os nosos intereses durante eses catro anos de intenso traballo e de recuperación de todos os dereitos que levamos perdendo nos últimos anos.

Podemos dicir que os obxectivos laborais son todos aqueles que atinxen á traballadora e ao traballador dentro do centro de traballo, aínda que a separación entre os obxectivos laborais e os obxectivos políticos ás veces non está clara, xa que existe un nexo, máis aínda no caso do persoal empregado público, cando o tema salarial se converte nunha decisión de goberno.

Coa CIG somos máis fortes na Administración Pública

Folleto informativo coas propostas e a candidatura da CIG: descargar.

Dende a CIG vimos de rexistrar unha proposta de reordenación do SPDCIF dirixida aos grupos parlamentares de cara unha Proposición Non de Lei, na que expoñemos, con vistas ao curto e medio prazo, cal debe ser o camiño a seguir no SPDCIF.

O pasado venres 30 de novembro a CIG-Autonómica rexistraba unha PNL – proposición non de lei-, co fin de presentar a proposta da CIG de reordenación do SPDCIF.

No mes de abril deste ano 2018 a Consellería do Medio Rural presentou xunto con Función Pública a súa proposta de reordenación para o SPDCIF. Aínda que debemos recoñecer que o borrador que a Xunta nos presentou contiña medidas interesantes, quedábase excesivamente curto e incluso retrocedía nun aspecto vital na extinción a día de hoxe, como é a capacidade de reacción dos equipos. A maiores apenas abordaba a imprescindíbel formación e posta ao día do dispositivo e introducía novas temporalidades contractuais no colectivo, non acordes estas coa desaparición da temporalidade ao sermos servizo de emerxencias dende o ano 2015.

Sería o primeiro concurso de traslados que seguiría os criterios xerais a aplicar a todos os demais concursos.

Recibimos dende Función Pública un borrador do concurso de traslados de gardacostas (o segundo dende a existencia desta escala), unhas bases que, segundo palabras do Director Xeral de Función Pública, sería o primeiro concurso en seguir unhas bases comúns a todos os futuros concursos de traslados, razón polo que é interesante para calquer persoal funcionario ou laboral da Xunta de Galiza. Dos demáis concursos, nada se sabe, pero todo indica que non van ser de inmediato.

Ainda non temos data para presentar alegacións ás bases, nin existe unha data fixada para sentarnos a discutilo. Polo de agora só temos o borrador que vamos estudar con detemento. Se é do teu interese, podes contactar coa CIG, tanto para falar das bases como das prazas.

O persoal laboral da Xunta de Galiza manifestouse este venres polas rúas de Compostela, desde as dependencias da Xunta de Galiza en San Lázaro até as de San Caetano, para denunciar a discriminación retributiva que sofren, a parálise dos concursos de traslados, das ofertas de emprego público e dos procesos de estabilización e consolidación laboral.

Con esta mobilización, convocada polo comité intercentros, o persoal denuncia a falta de concreción, por parte da Dirección Xeral de Función Pública, na resolución dos procesos de provisión e selección, a negativa a levantar a suspensión de dereitos ou a diferenza de trato para chegar a un acordo de incremento retributivo. Isto, entenden que “supón unha grave discriminación do persoal laboral”.

Xunto a isto denuncian a paralización do concurso de traslados e dos distintos procesos selectivos e acordos asinados: procesos de establización, consolidación e ofertas públicas de emprego e cualifican de “excluínte” a carreira profesional. Ademais tildan de “incertos” os procesos de funcionarización coa imposición de escalas e sen negociación do decreto de funcionarización.

Demandan ademais a recuperación dos dereitos perdidos por todas e todos os empregados públicos –salario, FAS, 100% das retribucións por IT-. Recortes que afectaron especialmente ao persoal laboral da Xunta de Galiza a través da Lei 1/2012, no relativo a descansos semanais e compensacións de domingos e festivos, dereito a comedor e outras cuestións.

A todas estas cuestións engaden a demanda dos sistemas de mobilidade, a concesión de adscricións temporais entre categorías, a negociación da segunda actividade en categorías sometidas a un elevado risco nas súas funcións e unha solución á problemática dos/as non aptos/as con restricións de permutas entre traballadores/as temporais.

A OEP de Feijóo “un insulto”

Xunto a todo isto, a CIG-Administración Autonómica denunciou ademais que a Oferta de Emprego Público anunciada nestes días polo Presidente da Xunta, sen previa negociación coas organizacións sindicais, “é un insulto, xa que non hai ningunha praza para o persoal laboral, nin por acceso libre, nin sequera para promoción interna”.

Lembra que preto de 9.000 empregados/as públicos da Xunta son persoal laboral, cun convenio –o V Convenio Colectivo para o persoal da Xunta de Galiza- “obsoleto e amputado pola Lei de medidas 1/2012, que deixou no aire artigos como o 19, no que se regulan os descansos compensatorios de fin de semana e festivos, o descanso mínimo semanal de 48 horas ou a rotación dos fins de semana de traballo”.

No DOG do 28 de novembro, saíu publicada a Resolución do 20 de novembro de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas de conformidade cos criterios de repartición do fondo de acción social do exercicio económico 2017 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade para o persoal da Administración da Xunta de Galicia.

As consultas poden facerse na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública.

Para o coñecemento íntegro do acto os solicitantes deberán introducir nos espazos habilitados para o efecto o NIF e mais o código de impresión da súa solicitude.

Contra a resolución as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Para máis información, ir á publicación do DOG.

O Persoal Laboral da Xunta de Galiza di basta á discriminación retributiva, á parálise dos concursos de traslados e á parálise das ofertas públicas de emprego e procesos de estabilización e consolidación

A falta de concreción por parte da Dirección Xeral de Función Pública na resolución dos procesos de provisión e selección, a negativa a levantar a suspensión de dereitos arrebatados ou a diferenza de trato para chegar a un acordo de incremento retributivo supoñen unha grave discriminación do persoal laboral.

Por iso, dende o Comité Intercentros do persoal laboral da Xunta de Galicia, convocámosche a unha gran mobilización o día 30 de novembro en Santiago de Compostela que sairá de San Lázaro as 11:00 da mañá e rematará diante de San Caetano baixo o lema:

Función Pública achegounos o borrador do Decreto da Oferta de Emprego Público do ano 2018, así como documentación de prazas de persoal laboral fixo que van ao proceso de funcionarización e prazas do proceso de consolidación. Temos prazo para presentar alegacións ata o xoves 29 de novembro. Se é do teu interese, podes contactar coa CIG.

- Borrador de Decreto de OEP 2018. Descargar.
- Postos do proceso de consolidación. Descargar.
- Prazas de persoal laboral a funcionarizar. Descargar.

A Xunta de Galiza este ano súmase a reivindicación do 25 de novembro como xornada internacional contra a violencia de xénero, cunha campaña un pouco mais axustada a realidade ca do ano pasado, coa que di de xeito claro NON a violencia, Pero na que tamén cómpre facer unha reflexión.

As responsables da campaña aínda non se enteraron que para erradicar a violencia contra as mulleres hai que ir a súa orixe, ao machismo, ao sistema social patriarcal e atacar as desigualdades.

Así a declaración institucional da Xunta de Galicia fala da necesidade dun consenso institucional, político e social que mostre, sen fisuras, o compromiso de todas as institucións coa sociedade galega para alcanzar os acordos que permitan avanzar na erradicación da violencia contra as mulleres.

Continua presentando a campaña na que hai que dicirlle NON a todas a formas de violencia de xénero e especifica cales son, as recollidas na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, sinaladas no seu artigo 3: violencia física, violencia psicolóxica, violencia económica, violencia sexual e abusos sexuais, acoso sexual, e a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual...

Di que toda a sociedade ten que involucrarse no rexeitamento aos maltratadores e previr a violencia. Este é o momento crucial para impulsar definitivamente a construción dunha sociedade libre de violencia sobre as mulleres.

Para a Xunta queda claro que a violencia unicamente é a que queda restrinxida aos maltratadores e as vítimas e non propón ningunha medida concreta que deba impulsar na Galiza para evitar esta “lacra”. E, así de novo, a responsabilidade recae nas vítimas, as que lle di que “deben denunciar”.

Neste sentido reforza hoxe a idea o presidente Alberto Núñez Feijoo cando sinala que “Máis do 80% das mulleres que perderon a vida nos últimos anos non se atreveron a denunciar”. Incluso atrévese a afirmar que as mulleres “perderon a vida” e non que foron asasinadas.

Un consello, Señor Feijoo, para dicir iso mellor que non saíra hoxe de andaina reivindicativa.

Dende a CIG Autonómica reivindicamos a igualdade de xénero como peza fundamental para rematar coa violencia, e estamos a proporlle de seguido a Xunta de Galiza medidas neste sentido, das que simplemente pasan ou incumpren, fuxindo do consenso social que predicaba ao comezo da súa declaración institucional, así:

As traballadoras e traballadores da Xunta de Galiza lembramos que:

  • A Xunta de Galiza di NON ao PLAN DE IGUALDADE da Xunta de Galiza.
  • A Xunta de Galiza di NON a flexibilización da xornada laboral e outras medidas de conciliación.
  • A Xunta de Galiza di NON a recoñecer que as mulleres son as que sofren máis accidentes laborais.
  • A Xunta de Galiza di NON a un Protocolo de acoso laboral e sexual áxil e eficaz e que sirva como unha verdadeira ferramenta preventiva.
  • A Xunta de Galiza di NON a ampliar os dereitos de maternidade e paternidade intransferibles ata 12 meses de idade do bebé.

Definitivamente, a Xunta de Galiza DI NON á IGUALDADE.

Visita a campaña da CIG: 25 de Novembro. Violencia: nin na rúa, nin no traballo, nin na casa.

O mércores 21, a CIG mantivo unha xuntanza cos grupos parlamentares de En Marea, BNG e PP para falar da Lei básica estatal de axentes forestais e seguridade medioambiental. Salientamos que esta lei debe adecuarse á realidade galega e incluir as enfermidades profesionais, coeficientes redutores e non invadir competencias autonómicas.

De ir adiante a lei básica tal e como está prevista, é lesiva para Galiza xa que lle da a volta ao SPDCIF, pasando a coordinación dos lumes aos servizos de proteccion civil e emerxencias (bombeiros), segue na teima da "colaboración coas forzas e corpos de seguridade" nunha competencia exclusiva da Galiza, e falla en canto a seguridade e saúde o cadro de enfermidades profesionais e xublilacion anticipada.

Xa estivemos no congreso o 31 de outubro para que recolleran as emendas da CIG e asi rectificar a lei. Agora tócalle aos políticos da Galiza traballar cos seus grupos para o seu impulso e apoio.

Pois nin máis nin menos que levar e traer a un xefe de servizo da Xefatura Territorial de Ourense dende a súa casa en Pontevedra ao seu posto de traballo en Ourense. E tamén frecuentar, como en Ourense non hai, a zona de praias.

Este individuo, que utiliza o coche matrícula 8491 FXC, propiedade da Xunta, é coñecido polas súas actitudes prepotentes co persoal.

Vai a Conselleira a abrirlle expediente disciplinario a el, á xefa territorial desa consellería e á secretaria territorial por consentir a utlización de medios públicos para actividades privadas?