Proposta de modificación da RPT da Consellería de Facenda

Informan da modificación da proposta inicial que se negociou en xuño de 2015 e que consiste na creación de dúas intervencións delegadas motivadas polo aumento de consellerías de oito a dez. Tamén xustifican a forma de provisión por LD de varias prazas amparándose nos criterios das Ld’s aprobados recentemente. Reiterámonos nas alegacións presentadas.

Proxecto de Decreto polo que se modifica o Decreto 37/2006

O luns vannos enviar as modificacións ao texto. Van mirar o tema de ampliar os ámbitos naquelas listas que teñen actualmente un ámbito único.

O tema das brigadas helitransportadas será un acordo da comisión de listas e así constará en acta.

Bombeiros forestais

Pedímoslle unha vez máis o informe que din que lles enviou a Tesourería da Seguridade Social. Din que a xubilación aos 60 anos e a segunda actividade supoñen un aumento da base de cotización, polo que supón máis gasto para a administración, en torno ao 9 %, e non están dispostos a asumilo. Están agardando pola contestación de Medio Rural para convocar unha xuntanza conxunta de FP, Medio Rural e as OOSS para falar do tema.

Servizo de alerta epidemiolóxica de Galiza

Infórmaselles que están obligando aos traballadores/as a estar de garda as 24 horas, sen compensación económica de ningún tipo. Van a falar con Sanidade.

Exames de acceso libre

Preguntamos polas datas. FP di que serán no mes de xullo, pedíuselle máis concreción e remitironse a que na vindeira semana sairán publicados os tribunais e que de seguido concretarán xa as
datas.

Concurso de traslados de corpos xerais

Xustificaron a tardanza en que estiveron sen xefe de servizo ata hai dous días. Na vindeira semana convocarán a comisión para ver as reclamacións. Insinúan que probablemente se resolverá en setembro porque o persoal xa ten solicitadas as vacacións e facelo antes do verán podería causar problemas.

Infórmaselle do caso dunha persoa que concursou a unha praza de auxiliar nun IES que agora está afectada polo cambio de adscrición e pasa a un CEIP. Pedímoslle unha solución a este tema. Manifestan extrañeza polo asunto porque estiveron mirando de evitar que pasaran casos como este, polo que piden que lle concretemos o posto afectado para miralo.

Comisión de seguimento do acordo dos veterinarios

Están agardando por unha das consellerías afectadas para poñerlle data. 

Concurso de traslados do CIXTEC

Segue sen resolverse dende finais do ano pasado. Din que se resolverá pronto. 

Sentenza dos interinos con máis de tres anos no posto

Pedímoslle que, xa que estiveron tan dilixentes para quitar notas de prensa cando a CIG denunciou o acordo de suspensión do V convenio, agora deberan quitar unha nota desmintindo o que algún sindicato está a dicir ao persoal interino afectado de que van quedar fixos sen facer oposición. FP di que descoñecen o tema… polo que quedamos en enviarlle a nova publicada na prensa que
fai referencia a esa sentenza.

Listas contratación FISP

Levan sen renovala dende o ano 2000 porque Sanidade non dispón. Algo similar ao que pasa co concurso de traslados da lei 17. Pídeselle a FP que tome cartas nestes asuntos.

Concurso traslados persoal laboral

A prioridade que ten agora FP é resolver o máis axiña posible o concurso de corpos xerais. Na mesa xeral que teñen previsto convocar para a semana que ven tratarán de concretarnos algo máis sobre o concurso de laborais.