Neste senso, cumpre lembrar que o CGAI é o único centro dotado das últimas tecnoloxías en proxección técnica e cinematográfica, sendo un referente nas filmotecas nacionais e internacionais e que dá soporte ao conxunto do audiovisual galego. 

De seguir adiante con este disparate, froito do descoñecemento total e da falta de respeto da administración galega pola traballo desenvolvido, toda esta actividade quedará nas únicas mans dun só técnico especializado. Calquera persoa, aínda sen ser experta no audiovisual ou nas quendas ou labores cotiás dunha filmoteca, pódese percatar da enorme e inasumíbel carga de traballo que vai ter que soportar o único empregado que vai ficar ao cargo das citadas funcións.

Coa amortización de gran parte dos postos de traballo que sustentan o traballo realizado ao longo destes 25 anos de historia do CGAI, a Xunta de Galiza inicia o desmantelamento encuberto dun servizo público á cidadanía como é o dereito de acceso á cultura. O desprecio do goberno galego pola cultura en xeral e pola memoria audiovisual colectiva de todo un pobo é indigno e reflexa a falta de autoestima dos nosos gobernantes.

Resulta inadmisíbel que o goberno do Sr. Feijóo, apelando a un aforro irreal con pretensións electoralistas, permita esta desfeita cultural que terá como consecuencia un dano irreversíbel á cultura e ao audiovisual galegos, ademais de supor un maior custo económico no caso da posible externalización dun servizo actualmente 100 % de carácter público. 

Dende a CIG denunciamos unha vez máis a destrucción de emprego público e o ataque a unha institución vital para o noso país e que camiña cara a privatización ou, no peor dos casos, cara a súa desaparición.