Este incumprimento reflíctese nos seguintes feitos:

  • O persoal atópase apiñado (tivéronlle que comprar mesas máis pequenas para que entrasen no espazo dispoñible).
  • Para poderen acceder ao seu posto algúns compañeiros, teñen que erguerse os outros.
  • As vías de paso úsanse para almacenar equipos informáticos e impresoras.
  • O persoal non dispón de espazo suficiente para realizar tarefas de reparación e mantemento de equipos.
  • A distancia entre o bordo da mesa e a parede detrás do traballador non chega ao mínimo de 115 cm.
  • A altura do teito non chega aos 2,5 m.
  • Debido a que se atopa no derradeiro andar prodúcense cambios bruscos de temperatura (en inverno a primeira hora vai frío, e a media mañá, se lle dá o sol, é preciso abrir as fiestras). A temperatura interior no posto de traballo no verán chega a superar os 30ºC.
  • O ruído ambiental por ter a carón as unidades externas dos acondicionadores do ar doutros organismos (IGAPE, Servizo de Deportes, Servizo Emerxencias, Aula de Cursos, Informática) .
  • Que cando hai choiva prodúcense filtracións de auga polo tellado que provoca humidade visible no teito e nas paredes con mofo e descascamento.
  • Os traballadores non están informados da súa avaliación de riscos laborais dos traballos de campo.
  • Os traballadores non teñen información de seguridade sobre a manipulación de tóner nin aspiradores con filtros de tóner marcados na avaliación de riscos.

Elaborouse por parte da técnica de prevención de MUGATRA un Plan de Acción no que se establecen unhas actividades preventivas con medidas a implantar.

Entre elas:

  • A distribución dos niveis de iluminación será acorde o marcado no R.D. 486/97 de lugares de traballo, aumentar a iluminación.
  • Revisar, en toda a área de traballo, o cumplimento do R.D. 486/97 sobre as disposicións mínimas de seguridade e saude nos lugares de traballo, en especial o que se refire a: Espacios de traballo, superficie libre para cada traballador, volume non ocupado polo traballador, e iluminación no porto de traballo.
  • Incorporación de outro equipo extintor dotado de axente extintor CO2
  • Revisar a sinalización dos equipos extintores.
  • Realizar unha medición específica do ruido.
  • Proporcionas aos traballadores ficha de seguridade do tóner e aspirador con filtros para tóner.

A día de hoxe estas medidas previstas no plan de acción están sen executar. Ante a falta de solución a estos problemas, a CIG presentou unha denuncia perante Inspeción de Traballo para que se obrigue a AMTEGA a que cumpra a normativa en materia de prevención de riscos laborais e actúe con absoluta inmediatez para corrixir as graves deficiencias atopadas.