O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar limítase a tres. As actividades formativas obxecto desta convocatoria impartiranse en modalidades de teleformación e presencial.

A totalidade das prazas de cada actividade formativa repartiranse nun 70 por cento para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; nun 10 por cento para o persoal das entidades locais; outro 10 por cento para a Administración de xustiza de Galicia; e o 10 por cento restante para o persoal de administración e servizos das universidades galegas do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e Uvigo).