Todas as novas

O día 19/06/2018 tivemos unha reunión previa a mesa xeral. Inesperadamente, porque estaba fora da orde do día, aparece o xerente de AMTEGA e, conxuntamente con DXFP tráenos de volta a mesma RPT de abril.

Ante a protesta sindical, por tratar saltarse a negociación cos traballadores da AMTEGA, traendo directamente a RPT a mesa xeral, o xerente convócanos a unha xuntanza o día 26/06/2018.

Ao igual que na anterior ocasión, a resposta da CIG e o resto de organizacións sindicais é: NON.

Os sindicatos negámonos a reunirnos coa AMTEGA mentres non se solucione a homologación salarial.


Por iso, CIG, CCOO, CSIF e UGT plantámonos (unha vez máis), e para continuar coa tramitación desta RPT, esiximos unha convocatoria inmediata a unha reunión específica para solucionar xa a homologación salarial do persoal informático da AMTEGA, onde traballadores que realizan o mesmo traballo están a cobrar diferente.

Así mesmo pedimos que non se esquezan outras cuestións pendentes como o concurso de traslados, conciliación familiar, teletraballo, centros de destino na RPT, requirimento de inspección de traballo en Ourense, OPE Informática e as externalizacións...

Contigo e coa CIG a loita continúa!