Concursos de traslado

No DOG do martes 9 de outubro publícase a Resolución pola que se convoca o concurso de traslados de persoal funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989).

Este concurso ven con catro anos de retraso: en decembro de 2013 os sindicatos e Administración pactamos un plan de reordenación dos laboratorios de saúde pública, pacto que implicaba un concurso de traslados no prazo de seis meses. Pero tiveron que pasar catro anos máis, e media ducia de borradores ata que por fin, aparece no DOG.

Para a CIG, é inaceptable que das dúas escalas sanitarias existentes, quedase excluida unha delas (escala de atención primaria e especializada). En canto ao baremo, é moi mellorable, pechandose en banda a Administración nalgúns aspectos.

Queremos engadir que estamos a falar duns postos que levan moitos anos sen proceso selectivo polo que a CIG solicitou, xa dende un principio da negociación, que se convocase oferta de emprego simultaneamente ao concurso de traslados, petición que non foi recollida polos nosos interlocutores.

Despois de meses e meses de inxustificados adiamentos, o concurso pasou pola Comisión de Persoal a finais de xuño e foi aprobado co voto en contra de todos os sindicatos. Nese momento dixeran que sería publicado na primeira quincena de setembro. Tivemos que agardar ao 9 de outubro.

Dos demáis concursos, seguimos igual: NADA.

En xuño do ano pasado asistimos a unha xuntanza na que o director xeral da Función Pública fixo entrega ás organizacións sindicais do primeiro borrador do que pretendía ser un baremo común para os futuros concursos de traslados. A intención era sistematizar e simplificar os procedementos dos concursos para chegarmos a unha situación de concurso anual para todos e todas (laborais, corpos xerais, especiais e escalas).

Dende entón falamos do asunto en moitas outras ocasións, recibimos máis borradores, e presentamos alegacións escritas.

Pero a cousa non arranca. Non arranca nada, nin fixar esas bases xenéricas que ían axilizar todos os concursos, nin mentres isto non sae adiante, tampouco acaban de arrancar os diferentes concursos que terían que convocarse.

Informa o Director Xeral de Función Pública (19/06/2018), que a convocatoria do concurso de traslados de corpos xerais será en setembro (polo que supoñemos que en xullo retomaremos e remataremos a negociación), xunto co de veterinarios, e de seguido (este ano) iría o resto da administración especial. A convocatoria de persoal laboral seguen pendente do cambio de categoría; non pon data.

A semana que ven remitirán unha nova proposta de criterios xerais para os concursos. Conterá unha transitoria sobre a aplicación da caducidade da formación ata o 1 de xaneiro do 2020 (lembrar que partiamos dunha caducidade de dous anos e na última Función Pública xa aceptaba 10 anos. Mantemos a nosa defensa de que non caduquen e en xeral estaremos atentos ao que nos presenten.

Consecuencia do concurso de corpos xerais teñen intención de prorrogarán as comisións de servizo que caduquen. A CIG manifesta que eso pode ser fraudulento pois podemos falar de prorrogar as comisións durante un ano. O DXFP afirma confiar en que a resolución do concurso sexa moito máis áxil, atrevéndose a poñer como datas de resolución finais do 2018 ou comezos do 2019. Veremos.

O concurso das escalas sanitarias irá á seguinte Comisión de Persoal tras pasar, por segunda vez, por Mesa Xeral, tras un vergoñento retraso de máis de catro anos segundo o pacto asinado entre Sindicatos e Administración.

Non é algo descoñecido na Administración Autonómica que o tempo que media entre concursos de traslados se midan en décadas para moitas escalas de persoal funcionario e todo o persoal laboral. Tampouco nos é descoñecido que as persoas responsábeis da política de persoal da Administración incumpran sistemáticamente a súa palabra en canto a prazos. A película do concurso de traslados do persoal funcionario das escalas sanitarias é un caso moi bo para ver estes problemas.

O asunto nace no ano 2013 cando Sanidade decide pechar os laboratorios de saúde pública de Coruña, Ourense e Pontevedra, centralizando toda a actividade en Lugo. Despois de diversas xuntanzas, tensións, concentracións.., en decembro dese ano (2013) sindicatos e Administración chegamos a un pacto sobre o persoal dos laboratorios. O pacto incluía a convocatoria dun concurso de traslados no prazo de 6 meses. Así que antes do verán (do 2014) tería que estar convocado o concurso.

O "II Acordo para a mellora do emprego público e condicións de traballo", asinado en Madrid por CCOO, UGT e CSIF, pon en perigo a convocatoria do concurso de traslados horizontal.

Na enésima xuntanza polos criterios xerais dos concursos de traslados que tivemos o 18 de abril de 2018, Función Pública manifestou que pretende eliminar o concurso de traslados horizontal de persoal laboral recollido no V Convenio Convenio Colectivo.

A xustificación que dá Función Pública é que a convocatoria do concurso horizontal causará problemas na aplicación do acordo de estabilidade.

A solución de Función Pública pasa por contar co beneplácito das Organizacións Sindicais para recortar unha vez máis o V Convenio e eliminar de xeito “transitorio” o concurso horizontal. Así, na vindeira semana remitirá unha proposta neses senso.

A CIG rexeita recortar o V Convenio e considera un insulto e unha ofensa para o persoal laboral que despois de seis anos agardando polo concurso de traslados, Función Pública pretenda sacar adiante un concurso capado e só para os grupos IV e V.

A desfeita sería considerable tendo en conta que este podería ser o último concurso de traslados de moitos laborais de facerse efectiva a funcionarización que pretende executar Función Pública e da que non temos máis que o nome.

Dende a CIG esiximos con carácter inmediato un concurso de traslados de todos os grupos e categorías con carácter anual, tal e como recolle o V Convenio.

Agardamos non ser os únicos nesta demanda....

Nos baremos que rexerán nos concursos de traslado de persoal laboral e funcionario incluirán un mérito que valorará a vontade da deidade. Quedará baixo a autoridade dos responsábeis políticos da Administración a prerrogativa para asignar a puntuación correspondente a cada súbdito.

A aplicación da prerrogativa divina consistirá na asignación dun plus de puntuación a quen teña sido unxido a dedo para ocupar un posto en comisión de servizo ou en libre designación.

A CIG comparte a intención manifestada por Función Pública de establecer unhas bases xerais que rexerían os futuros concursos de traslados, como canle para axilizar os procesos e acadarmos o obxectivo mínimo de concurso anual para todos os corpos/escalas/categorías. Queremos crelo, pero a experiencia fai que o poñamos en dúbida.

O día 5 de xuño asistimos a unha xuntanza onde o Director Xeral da Función Pública nos achega un borrador sobre o baremo dos futuros concursos de traslados.

Asistimos á xuntanza sen documentación previa, polo que basicamente nos limitamos a recibir as ideas expostas polo DXFP, facer unha intervención moi xenérica sobre o asunto, e tratar algunha cuestión máis. Na xuntanza fan entrega dun documento que posteriormente enviaron en arquivo dixital.

O DXFP comeza afirmando que a súa proposta é totalmente flexíbel, coas seguintes dúas únicas limitacións: 1) Calquera cambio debe ir na liña de simplificar e axilizar os concursos, 2) Os cambios deben ser conformes ás normas legais (lei de emprego público, decreto de provisión e convenio colectivo).

O escenario final sería:
1. Chegarmos a un acordo que establecese as bases dos futuros concursos para moitos anos.
2. Un ou dous concursos de traslados anuais, tanto para funcionarios como para laborais.

A Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas enviounos a relación de prazas que pretenden excluír do concurso de traslados de persoal funcionario de escalas sanitarias incluíndo a información da causa da exclusión, extremo que non nos fora facilitado anteriormente.

Deste xeito, as persoas responsábeis da dirección do Sergas cumpren coa súa palabra e coa obriga de negociar con atención aos principios de obrigatoriedade, boa fe negocial, publicidade e transparencia que, inicialmente, non foron respetados e que motivou que motivou a denuncia pública e petición escrita da CIG.

Se queres dicirnos algo sobre as prazas, podes contactar coa CIG-Autonómica. Temos ata o día 18 para presentar alegacións ás prazas. Contactar coa CIG.

A Administración retira prazas do concurso de traslados do persoal funcionario das escalas sanitarias, e négase a trasladar á representación do persoal as causas que o motivan en cada caso.

Estamos ante un concurso de traslados do que tivemos o primeiro borrador no ano 2014, e do que van excluir a participación dunha parte do persoal funcionario, moi condicionado pola cantidade de anos dende o anterior proceso selectivo e afectado polo peche dos laboratorios de saúde pública de Coruña, Ourense e Pontevedra.

Dende ese primeiro borrador do 2014, aparentemente o concurso vai sair no 2017. A tal efecto, e como parte da negociación, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas achegounos a relación de prazas vacantes a ofertar, pero das que non ofertan limitáronse a dar unha xenérica información verbal.

E os seus postos de orixe sen saír a concurso (entre outros 64 xefaturas de sección e 35 dos niveis 16 a 22)

Entre os meses de outubro de 2016 e xaneiro de 2017 foron concedidos en comisión de servizos 135 postos de subdirector/a xeral e xefe/a de servizo. A Xunta optou por prover estes postos polo sistema de libre designación en vez de concurso (cabe lembrar que no 2008 se chegara a un acordo para facer dos postos de xefatura de servizo de concurso). Pero en vez de cubrir os postos mediante o sistema de provisión de libre designación a Xunta opta por outorgalos en comisión de servizos o que produce que os postos de orixe queden bloqueados nos concursos ao seguir tendo un titular. E para colmo moitos deles están cubertos dende hai mais de 6 meses que e o limite que se impón para as comisións de servizo a resolución de Función Publica relativa a esta materia, excedendo en moitos casos ese limite.

Chama a atención que determinados postos de marcado carácter político ou con responsabilidades en materia de persoal dean exemplo recorrendo a esta figura da comisión en posto de libre designación como e o caso das secretarias territoriais de Vigo e Pontevedra (esta ultima nomeada agora subdelegada do Goberno en Pontevedra) ou o vicesecretario xeral da Presidencia da Xunta, ou o secretario xeral de Augas de Galiza. E en relación aos xefes territoriais temos nomeados/as en comisión de servizos aos de Presidencia e ao de Cultura, Educación e O.U. en Ourense, aos xefes/as territoriais da MATI en Coruña, Lugo e Pontevedra, aos/as xefes territoriais de Medio Rural en Lugo e Pontevedra, e ao xefe do Servizo de Persoal en Compostela e xefa territorial de Vigo de Política Social (a esta última facéndolle un posto a medida ao abrilo á Administración Local para traela a ela).

Esiximos de Función Publica que de orde de cesar a todo este persoal e sacar os postos por un dos sistemas de provisión que se contemplan na lei.