En todo caso, quede clara a postura da CIG: rexeitamos o desmantelamento da administración, dos servizos públicos. Estamos convencidos de que a crise lles está a servir de excusa para liquidar os servizos: primeiro forzan o seu mal funcionamento por inanición, despois os venden porque o público non funciona.

A destrucción de postos nos afecta a todos e todas: aos interinos e interinas, o compañeiro ou compañeira que tes a carón túa, porque van á rúa, e aos funcionarios e funcionarias de carreira porque diminúen drásticamente as posibilidades de mobilidade voluntaria e promoción.

Queremos que oferten TODAS as vacantes.

Bases

Estas bases non son moi distintas a outras bases anteriores. Son moitas as alegacións que recibimos, e son moitas as alegacións que asumimos e presentamos. Rexeitamos a imposición que nos queren meter:

  • Modifican algún erro (4.2.1).
  • Queremos que conste expresamente o que di o artigo 29 da LFP respecto do tempo en destino provisional (II.2).
  • Non nos gusta a coletilla "que sexan de necesaria cobertura" respecto dos postos a ofertar na fase de resultas. Con esas palabras van poder retirar das resultas todo posto que lles veña en gana. Solicitamos que a fase de resultas teña unha maior flexibilidade, como poder ligar a localidade co nivel, ou a poder fixar exclusións (como xornadas especiais, etc).
  • Queremos recudir de 36 a 25 os anos para obter o máximo de puntuación por antigüidade, pois canto máis estiren a mesma cantidade de puntos o efecto é reducir o seu peso relativo respecto ao resto de méritos do concurso. Con 36 anos de antigüidade van ser moitos os puntos deste concepto que se van perder. (Nota: recibimos consultas porque non se entende esta explicación. O obxectivo desta proposta que levamos anos facendo sen que sexa asumida por Función Pública é buscar que a antigüidade sexa precisamente o mérito máis importante no concurso. Función Pública non comparte a nosa visión e o que fai é estirar o máximo de puntuación deste concepto todo o posíbel de xeito que, ao non aumentar o máximo de puntos, canto máis estiras os mesmos puntos no tempo, máis puntos quedan sen adxudicar e, por tanto, a antigüidade perde peso).
  • Os feitos pasados de dar destino provisional a uns e definitivo a outros está a producir agora efectos perversos. Xa advertimos no seu día, e agora veñen as consecuencias.
  • Introducen un curso máis de informática: presentacións gráficas. Pero non nos chega. Queremos que engadan máis tipos de cursos, e que valoren por horas, non por tramos.
  • Parécenos excesiva a diferenza de puntuación en función do nivel solicitado e desempeñado.
  • En conciliación hai moitas cousas que corrixir. Por exemplo, cando haxa distinta localidade respecto do cónxuxe ou parella: que se teña en conta ás familias manoparentais respecto do lugar de escolarización dos fillos ou que haxa dependentes a cargo.
  • Non aceptan a equiparación dos tres anos de licenciatura como equivalente a diplomatura (din que so vale para o acceso). Quedaron en verificar as horas ás que equivale un crédito.
  • Non aceptan a revisión da puntuación segundo o grupo de permanencia.

 

Para rematar, dúas cousas:

  • Teñen intención de publicarlo antes do 1 de marzo. 
  • As alegacións escritas vamos presentalas nun par de dias. Inda estamos a recoller alegacións.