Cómpre destacar que a titulación de grao universitario constitúe un único nivel académico oficial, ao abeiro do artigo 3 e do Capítulo III do Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro (BOE 30/10/2007), polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, existindo unha única titulación (título de Graduado ou Graduada) acompañada da denominación específica do estudo oficial universitario correspondente do Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT)

O propio artigo 76 da Lei 7/2007 do 12 de abril (BOE 13/04/2007), pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público recoñece implicitamente a unicidade da titulación de grao universitario, ao dispor que esta será a titulación esixida para o acceso tanto ao actual subgrupo A2 como ao subgrupo A1.

Xa que logo, a CIG-Autonómica presentou en tempo o pertinente recurso de reposición solictando que se modifique a redacción da base III.5.2 da orde de convocatoria do concurso de traslados de persoal funcionario de corpos xerais, no sentido de lle outorgar ao grao universitario unha puntuación única.