A antigüidade segue a ter un peso inferior ás nosas pretensións. O máximo conseguese con 36 anos de servizo, feito que produce unha importante mingua do peso deste mérito no total do concurso. O grao valórase ata o nivel 30, algo que a CIG non acepta: exiximos que so se valoren os graos que so se poden obter mediante concurso, excluindo os de libre designación, ou como mal menor, que estes últimos teñan unha menor escala de puntuación.

As medidas de conciliación, obrigatorias por lei, teñen un peso excesivo segundo a CIG. A reunificación familiar equivale ao que serían 3,3 anos de servizo e, en todo caso, non contempla situacións como a das familias monoparentais ou cando haxa maiores dependentes a cargo.

En canto á permanencia no posto e traballo desenvolvido, seguen sen resolver os problemas causados polo mal funcionamento da propia administración, como é o do excesivo tempo en destino provisional, ou os casos en que na promoción interna uns permanencen nos mesmos postos e outros non. A graduación de puntuación en función do nivel do posto solicitado é excesiva segundo a nosa visión, pois uns chegan a duplicar a puntuación de outros, o que favorece ao persoal de libre designación. En canto á formación seguimos a demandar a valoración por horas e non por tramos ou que puntuen todos os cursos transversais.

Son moitas máis as alegacións da CIG, sendo esto unha simple escolma do máis fundamental. Se queres información polo miudo contacta coa CIG.