ALEGACIÓNS

Pedímoslle á Administración que adopte medidas para adiar un mes o concurso e facilitar que as últimas promocións dalgunhas escalas poidan participar nel. A frecuencia das convocatorias dos concursos de escalas  é tal que iso implicaría que estes compañeiros estivesen 5, 6 ou 7 anos sen poder concursar. A Administración é receptiva a esta demanda e ademais prevé que non se poida convocar no prazo previsto e polo tanto poidan entrar estas promocións no concurso, en concreto ás últimas das escalas de Arqueólogos e Topógrafos.

Solicitamos tamén que se inclúa no listados de vacantes os seguintes postos das escalas do Servizo de Gardacostas:

PE.C99.30.010.15720.010. Posto de Patrón ocupado por laboral fixo que se xubilou este ano.

PE.C03.00.002.15770.020. Xefe de sección de vixilancia. Compostela.

En virtude do Acordo sobre criterios e actuacións a realizar en desenvolvemento do artigo 28 da Lei de Función Pública de Galicia as xefaturas de servicio deben pasar de LD a concurso. No caso de xefaturas de adscrición exclusiva a unha escala, como por exemplo CU.C04.00.00215770.009. Servizo de arqueoloxía. Santiago de Compostela, consideramos que deben figurar no listado de vacantes. Se é necesaria unha modificación previa das RPT, esta se pode facer xa.

Alegacións as bases

Na base I.6 débese recoller a posibilidade de renunciar ao posto ata a publicación do listado provisional coas adxudcacións.

Na base II.1 pedimos que a puntuación máxima por antigüidade,4,5 puntos se acade con 15 anos de servicio. Consideramos que 30 anos é excesivo.

Na base II.3 Grao persoal consolidado a puntuación máxima é de 4 puntos o que permite valorar grados persoais maiores ao 26 (máximo nível que se pode obter por concurso):

Nível

Puntuación

Nível

puntuación

14

1,90

22

3,10

16

2,20

24

3,40

18

2,50

26

3,70

20

2,80

28

4,00

Non estamos de acordo en que se poida obter puntuación por un posto obtido por libre designación co que propoñemos:

Baixar a puntuación máxima deste epígrafe ata os 3,70 ou ben aumentar a 2,20 a puntuación do nível 14 co que se acadaría a máxima puntuación co nível 26.

Na base II.4.2 sobre permanencia (no posto dende o que se participa, como funcionario de carreira) pedimos a substitución do texto por:

-          Por permanecer no mesmo posto 0,30 puntos por cada ano ou fracción superior a 6 meses.

Na base II.4.3 consideramos excesiva a puntuación dada ás medidas de conciliación e igualdade de xénero:

Apartado 1: 0,5 puntos a persoal funcionario participantes para os postos solicitados situados na localidade onde teña o seu destino definitivo a súa parella equivale a 3 anos e 4 meses de traballo efectivo.

Apartado 2: 0,01 puntos por mes de excedencias para o coidado de familiares cun máximo de 0,6 puntos equivale a 4 anos de traballo.

Parécenos unha puntuación excesiva respecto da valoración da antigüidade polo que solicitamos que se baixe a puntuación desta base.

Na base II.5 sobre formación e perfeccionamento:

1 - A VALORACIÓN DOS CURSOS farase de acordo cos seguintes criterios:

a)     por cada curso igual ou inferior a 15 horas: 0,25 puntos por curso

b)     por cada curso superior a 15 horas: 0,25+0,005 puntos por hora a partires da decimoquinta hora.


2.-A TITULACIÓN ACADÉMICA:

a)     Enxeñeiro técnico, diplomado universitario, ...........0,90

b)      Licenciado universitario, enxeñeiro, arquitecto,....1,20

c)     Doutor..............................................................1,50


En canto á base II.6 GRAO DE COÑECEMENTO DO IDIOMA GALEGO: Non ten sentido que se valore o CELGA 3 de iniciación ao galego cando en tódalas prazas se esixe ter o CELGA4 de perfeccionamento, pois son todas dos grupos A, B ou C.

Na base II.7 último parágrafo, debería terse en conta seguinte a Lei galega de igualdade no caso de persistir o empate, se existe infrarrepresentación feminina, pois non está contemplada.

Na base VI. 2, tamén copiada literalmente das bases do concurso de corpos xerais, non ten sentido nestas convocatorias xa que é manifestamente intolerábel que se puidera nomear máis dunha comisión para resolver concursos con tan poucas prazas.

A administración nos comunica que a raíz dunha sentencia se teñen que ter en conta na base II.2 todos os cursos, tanto os realizados ocupando o posto con carácter definitivo como con carácter provisional e que o traballo desenvolvido non pode ter o tope dos últimos 5 anos.

Poren, nesta incipiente negociación, presentáronse problemas referidos ás escalas do Servizo de Gardacostas que supoñen un problema insalvable si a Consellaría de Pesca non toma parte na negociación.

O PROBLEMA DO CONCURSO DAS ESCALAS DO SERVIZO DE GARDACOSTAS.

Función Pública nos remite un listado de vacantes extraído da RPT de Pesca que non garante que o concurso se resolva satisfactoriamente para o colectivo. A reordenación necesaria dos postos de traballo que debería producirse a raíz do proceso de integración e da situación de provisionalidade dos compañeiros da última promoción, non se contempla na RPT, e pode desembocar nun desaxuste estructural da plantilla con funcionarios prestando servizos en postos de nivel inferior ao que actualmente teñen, así como nunha prolongación ad libitum da provisionalidade nos destinos.

As 4 organizacións sindicais decidimos instar a Función Pública a que invite á Consellaría de Pesca a sentarse na negociación do concurso de traslados, xa que o problema, derivado da RPT desta Consellaría, é irresoluble se eles non participan. Queda polo tanto adiado o concurso e a pelota está no tellado desta Consellaría.