Quedou claro que pouco máis se vai mover, que non haberá máis xuntanzas previas, que o texto que irá á Mesa Xeral vai ser moi similar ao actual. Tamén está claro que non teñen intención de discutir moito máis o encaixe entre os diferentes méritos e o peso relativo entre uns e outros. Tampouco aceptan modificar outros aspectos, algúns simples e outros complexos (por compricación na xustificación documental, por imposicións legais, por antecedentes xudiciais, ou por alteracións nas aplicacións informáticas de Función Pública), como valorar a formación por horas en lugar de facelo por tramos, como diferentes aspectos sobre a obrigatoriedade de participar, algunhas medidas de conciliación que se negan a contemplar, axustar algúns desequilibrios na puntuación... En definitiva, que pouco máis vai cambiar.

Como novidade, se cadra interesante, a fase de resultas vai ser diferente á de concursos anteriores, onde quen desexaba participar na fase de resultas escollía postos a cegas, en base a criterios prefixados (localidade, consellería ou nivel). Neste concurso, calquera funcionario/a interesado/a en participar en resultas deberá solicitar a participación no concurso inda que non teña interese en ningún dos posto da primeira fase; unha vez adxudicados os postos desta fase, a Administración publicará un listado cos postos: vacantes non adxudicados, vacantes como consecuencia da primeira fase, e os postos das persoas que solicitaran participar na fase de resultas. Os e as participantes en resultas procederán entón a seleccionar aqueles postos da mencionada relación que sexan do seu interese. Inda que moitos dos postos finalmente non se adxudiquen (por exemplo, porque os seus titulares non os deixen vacantes), gañamos que non escollemos a cegas, e gañamos que a adxudicación de prazas vaise producir ata o límite das posibilidades existentes, co que quedarán menos prazas "interesantes" vacantes.

Para rematar, insistimos na necesidade de chegarmos ao concurso anual, tal e como establece a Lei que os dirixentes políticos  aprobaron no Parlamento.

Descargar borrador.