En todas as negociacións das diferentes Relacións de Postos de Traballo, a CIG maniféstase en contra da existencia de méritos/requisitos específicos en xeral, e de méritos/requisitos de experiencia en particular, por ser precisamente unha fonte de problemas na súa certificación. Pero se os meten, que apanden e os valoren. Porén, o que nos atopamos é que queren excluír a puntuación de méritos específicos aos postos base, ainda que estean certificados e validados polos departamentos de persoal.

Esto vai producir, inevitabelmente, a xudicialización do concurso se a comisión de valoración non atendese as reclamacións presentadas polas persoas afectadas. A asesoría xurídica da CIG está a disposición dos afiliados e afiliadas.

Nos criterios entregados tamén se percibe unha teima na valoración dos méritos do persoal que está en servizos especiais (cargos públicos do goberno ou outras institucións) para que se lle puntue completa a permanencia no posto a pesar de que estean nomeados nun cargo público. A administración aduce motivos legais a CIG di que formalmente, aínda que teñan reserva de posto, estiveron durante o seu nomeamento realizando outro polo que a permanencia pode ser posta, cando menos, en dúbida.

Función Pública ten reiterado que ata que pasen dúas semanas da publicación dos méritos non poderán dar unha data prevista da toma de posesión, que dependerá do número e tipo de reclamacións que se poidan presentar. Se todo fose ben, sería antes do verán.