No DOG do martes 9 de outubro publícase a Resolución pola que se convoca o concurso de traslados de persoal funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989).

Este concurso ven con catro anos de retraso: en decembro de 2013 os sindicatos e Administración pactamos un plan de reordenación dos laboratorios de saúde pública, pacto que implicaba un concurso de traslados no prazo de seis meses. Pero tiveron que pasar catro anos máis, e media ducia de borradores ata que por fin, aparece no DOG.

Para a CIG, é inaceptable que das dúas escalas sanitarias existentes, quedase excluida unha delas (escala de atención primaria e especializada). En canto ao baremo, é moi mellorable, pechandose en banda a Administración nalgúns aspectos.

Queremos engadir que estamos a falar duns postos que levan moitos anos sen proceso selectivo polo que a CIG solicitou, xa dende un principio da negociación, que se convocase oferta de emprego simultaneamente ao concurso de traslados, petición que non foi recollida polos nosos interlocutores.

Despois de meses e meses de inxustificados adiamentos, o concurso pasou pola Comisión de Persoal a finais de xuño e foi aprobado co voto en contra de todos os sindicatos. Nese momento dixeran que sería publicado na primeira quincena de setembro. Tivemos que agardar ao 9 de outubro.

Dos demáis concursos, seguimos igual: NADA.