Concursos de traslado

O concurso de traslados para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración Xeral da Xunta de Galiza, tralo pase polo penúltimo trámite da Comisión Superior de Persoal o luns 3 de maio, co voto a favor de UGT e CSIF e o voto en contra de CIG e CCOO, está xa sentenzado para a súa publicación no DOG que será con certeza en cousa de días (cando leas isto, é posíbel que xa o teñas no DOG).

Os sindicatos e Función Pública negociamos o concurso ao longo do mes de abril. Partiamos dun primeiro borrador infumábel que aos poucos foi mudando para ben tras aceptar a Administración parte das nosas extensas alegacións, mais que ao final deu un paso de cangrexo.

Tras recoñecer certa vontade negociadora en Función Pública, o feito de que se incluísen algunhas das nosas alegacións, que outras, despois dun compromiso previo botáranolas abaixo, e de que parte dos postos que podían ir a este concurso queden adiados a futuros concurso coa incerteza de garantías bastante fráxiles, queremos debuxar cales son as liñas mestras desta convocatoria.

O luns 26 tivemos unha reunión os catro sindicatos co Director Xeral da Función Pública e a Xefa do Servizo de Provisión de postos de traballo. Esta é a derradeira xuntanza previa á Mesa Xeral (que podería ser o xoves 29 de marzo), e nela tratamos os seguintes cambios respecto da anterior:

1º. Prazas con código A11. Na xuntanza de hoxe aínda non tiñan claro se as ían sacar ou non. A CIG demanda que se convoquen todas as vacantes.

2º. Prazas de nivel 28, 26 e demais que antes tiñan como forma de provisión LD e agora teñen que pasar a concurso, serán obxecto dun posterior concurso específico. A CIG demanda que se convoquen todas as vacantes.

Achéganos a Dirección Xeral da Función Pública un novo rascunho de prazas a ofertar. Podes descargalo aquí: ligazón. Pasa polos foros para deixar as túas consideracións.

O venres 9 de abril, e mentres os nosos compañeiros estaban arredor de San Caetano manifestándose pola amortización de 71 postos de traballo en educación e o conseguinte peche de comedores escolares, as organizacións sindicais CIG, UGT, CCOO e CSIF tivemos a primeira xuntanza con responsábeis de función pública para discutirmos o primeiro rascuño das bases do concurso de traslados de corpos xerais.

A intervención da CIG comezou abroncando á administración polo escaso tempo que nos deron para estudar o texto. Na práctica tivemos escasamente un día para espallalo, recibir suxestións e estudalo. Xa que logo, a CIG reservase o dereito a presentar alegacións escritas polo miúdo nos vindeiros días, previo análise a fondo e discusión nos órganos do sindicato.

Achéganos Función Pública o primeiro rascunho das bases do concurso de traslados de corpos xerais e que discutiremos, por primeira vez, o venres 9 de abril. Neste borrador aparecen marcadas en bermello certos cambios respecto doutros procesos, como son a adaptación á sentenza 824/2009, cambios no baremos relativo aos cursos de formación, posibilidade de que se oferten prazas abertas a outras administracións ou que se permita renunciar antes da publicación das listas provisionais de baremo.

Se queres comentar algo sobre este primeiro rascunho que nos achega Función Pública, deixao nos foros. E non esquezas achegarnos as tuas alegacións tamén para a relación de prazas.

Achéganos Función Pública a relación de prazas a ofertar no vindeiro concurso de traslados de funcionarios e funcionarias de corpos xerais, dandonos de prazo até o 12 de abril para que lles fagamos chegar alegacións. A este respecto, convidámosche a que revises os listados e nos comuniques as túas consideracións, que podes facelo a través dos nosos foros na seguinte ligazón. Para descargar as relacións, vai á zona de descargas (arquivo comprimido en formato con listados por consellarías)

Función Pública segue a manter que o concurso estará convocado en abril e resolto en setembro. Porén, a CIG pon en dúbida que sexan quen de facelo, pois a dia de hoxe, 31 de marzo, inda non temos ningún rascunho das bases concurso nin data prevista para comezar as negociacións (e faltarían: xuntanzas con Función Pública, Mesa Xeral, Comisión de Persoal, DOG).

Concurso de traslados, OPE 2005, cambio de categoría, concurso permanente; afectados ou anulados pola demanda de CCOO á que se sumou o CSIF.

A sentenza impulsada por CCOO é un ataque frontal aos dereitos dos/as traballadores/as, buscando torpedear o V Convenio e practicando unha política sindical de terra queimada. Descarga o boletín especial "o laboral".


A execución vai afectar unicamente á persoa interesada.

Con relación ao mandato da sentenza de que se baremen os traballos desenvolvidos non só nos últimos 5 anos senón na totalidade da vida laboral, manifestamos que isto pódese realizar facendo unha ponderación (Base II.4 do Concurso Xeral). Manifestamos que estamos en contra de que se valoren as Comisións de Servizos dentro do tempo traballado, a pesar do que indica a sentenza (Base II.2.B). Faise necesario modificar, polo tanto, a LFPG e o Decreto 93/1991, polo que se aproba o regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, no sentido de excluir nos propios textos legais a posibilidade de que se baremen.

O mércores 28 as organizacións sindicais mantivemos un primeiro contacto con Función Pública para negociar o concurso de traslados de escalas das arqueólogos, axentes de extensión pesqueira, delineantes, enxeñeiros de telecomunicacións, topógrafos e escalas do Servizo de Gardacostas.

A CIG presentou as alegacións correspondentes a este proceso relativas tanto ás bases da convocatoria como ao listado de vacantes.

Tal e como aparecía no cronograma de procesos selectivos e concursos de traslados, a Administración remitiu nesta segunda quincena de outubro o borrador das bases do concurso dalgúns corpos especiais. Na primeira quincena do mes de novembro terán lugar as negociacións e a publicación da convocatoria. Podedes consultar o borrador das bases así como as vacantes das diferentes escalas nas seguintes ligazóns: