Concursos de traslado

No DOG do 25/01/2016 publícase a Resolución pola que se convoca o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatística, e do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala técnica de estatísticos.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o día 11 de febreiro.

 

No DOG de hoxe, día 15/01/2016,  se publica a relación definitiva de admitidos e excluídos do concurso de Administración Xeral. Hai un total de 2809 admitidos e 112 excluídos.

Na páxina da Función Pública podes atopar as relacións:

ADMITIDOS/AS

EXCLUÍDOS/AS

Baixo a aparencia dun concurso quere blindar os postos de LD

En xaneiro do 2008 chegamos a un acordo polo que as xefaturas de servizo, como regra xeral, pasaban a ser postos que se provían mediante concurso ordinario. Simplemente había que adaptar o decreto 93/1991 de provisión para establecer baremos en consonancia coa natureza destes postos.

Este acordo era un avance porque agás nos casos de excepcionalidade xustificada todos pasaban a ser de concurso, pero a cousa quedou no papel ao haber un cambio de goberno e chegar o PP á Xunta.

Agora pretenden colarnos uns criterios onde a excepcionalidade se establece en base a ese acordo anterior pero cun cambio substantivo no relativo aos postos que van a pasar a concurso. Non van a pasar a concurso ordinario senón a “concurso específico”.

No DOG venres, 6 de novembro de 2015, sae publicado no Diario Oficial de Galicia a resolución que fai pública a Relación provisoria de admitidos e excluídos do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración Xeral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 19 de maio de 2015.

Podedes consultar o listado premendo nesta ligazón.

Achegounos Función Pública un borrador das bases da convocatoria de concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos e do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala técnica de estatísticos.

Temos prazo ata o día 6 de novembro para presentarlles alegacións. autonomica@cigadmon.gal

Se participaches no concurso de traslado de funcionarios e funcionarias de corpos xerais, lembrámosche que o venres 24 de xullo remata o prazo para consultar o teu expediente, xerar o impreso de emenda ou do impreso de conformidade e presentación na unidade de persoal que certificará os datos.

As unidades de persoal teñen de prazo ata o 18 de setembro para entregarche os impresos de certificación, que deberás presentar por rexistro ata o 24 de setembro.

Dende o luns 22 de xuño, e ata o venres 3 de xullo, xa podes presentar a túa solicitude de postos para a fase de resultas no concurso de traslados de funcionarios e funcionarias de corpos xerais.

Dende o web de Función Pública podes:

Para participar na fase de resultas, tal e como indican as bases do concurso e así informamos, foi requisito participar na primeira fase, ainda que non escolleses praza algunha. Agora xa podes solicitar as resultas para o que precisas un código que deberías ter recibido. Se non foi así, podes conseguir o código dende esta ligazón.

Para continuar o proceso, debes introducir o código no apartado de xeración de solicitudes do web de Función Pública.

O sistema de resultas desta convocatoria é distinto ás anteriores: se antes escolliamos postos a cegas (seleccionando localidade, consellería e/ou nivel mínimo), agora vamos poder escoller prazas concretas, sendo estas as prazas correspondentes ás persoas que solicitaron participar no concurso. Certo que moitas das prazas non quedarán vacantes, o que dificulta a escolla, pero vamos poder escoller o que nos interese con exactitude.

Ofrece Función Pública o listado de prazas ofertadas no concurso de traslados de corpos xerais, en formato Excell. Podes descargalo nesta ligazón (desactualizado) ou ir directamente ao web do concurso.

Engadido: publicada unha corrección de erros, relativa aos códigos correspondentes á columna "Adm.Pub." (adscrición a administracións públicas)

No DOG do mércores 20 de maio de 2015 publicase a Resolución pola que se convoca o concurso de traslados de funcionairos e funcionarias de corpos xerais. O prazo para participar remata o 8 de xuño.

O día 22 de xuño publicarase un listado coas prazas que van entrar na fase de resultas. Pero ollo, que para poder optar a esta fase, hai que ter solicitado participar na primeira fase (prazo ata 8/6/2015), inda que non se escolla ningún posto desa primeira fase.

O concurso foi aprobado na Comisión de Persoal do mércores 13/05/2015, co voto en contra de CIG, CCOO e CSIF, e abstención de UGT.

Descargar convocatoria.

ATENCIÓN: O listado que podes descargar é de data 5/5/2015. Comunícanos Función Pública que o listado anterior, de 4/5/2015, non contiña as alegacións da consellería de Facenda.

Achéganos Función Pública a relación de postos vacantes que poderían ofrecer na primeira fase do concurso de traslados de corpos xerais.

Descargar prazas do 5/5/2015.

Como podes comprobar, algún dos postos xa teñen alegacións das consellerías, e a resposta de Función Pública.

Temos de prazo ata o xoves 7 de maio para facer alegacións, así que se observas que falta algún posto, ou queres achegar calquer cousa, podes escribirnos ao enderezo autonomica@cigadmon.gal. Como nos vai ser dificil respostar aos correos recibidos (prevemos que serán moitos e temos poucos días para preparar as alegacións), queremos que saibas que todos eles van ser lidos e trasladados ás persoas encargadas deste asunto pola CIG.