Concursos de traslado

ATENCIÓN: O listado que podes descargar é de data 5/5/2015. Comunícanos Función Pública que o listado anterior, de 4/5/2015, non contiña as alegacións da consellería de Facenda.

Achéganos Función Pública a relación de postos vacantes que poderían ofrecer na primeira fase do concurso de traslados de corpos xerais.

Descargar prazas do 5/5/2015.

Como podes comprobar, algún dos postos xa teñen alegacións das consellerías, e a resposta de Función Pública.

Temos de prazo ata o xoves 7 de maio para facer alegacións, así que se observas que falta algún posto, ou queres achegar calquer cousa, podes escribirnos ao enderezo autonomica@cigadmon.gal. Como nos vai ser dificil respostar aos correos recibidos (prevemos que serán moitos e temos poucos días para preparar as alegacións), queremos que saibas que todos eles van ser lidos e trasladados ás persoas encargadas deste asunto pola CIG.

O mércores 22 de abril os sindicatos fomos convocados a unha xuntanza con Función Pública para tratar as bases do concurso de traslados de corpos xerais. Na xuntanza recibimos resposta oral ás alegacións que presentaramos por escrito a finais de marzo. Destacamos o seguinte:

  • O único cambio que aceptaron é que van valorar os cursos de protección de datos e os de administración electrónica.
  • Van corrixir un erro respecto do curso escolar na base 6.b), que pasa a ser o curso 2014/2015.
  • Argumentando algúns dos puntos controvertidos, déronos as seguintes informacións:
    • non hai funcionarios/as en destino provisional en ningún corpo/escala,
    • existen duas vacantes abertas a xeral/docentes,
    • hai 15 postos con máis de unha titulación en méritos específicos.
  • Están a valorar a nosa solicitude de aceptar as escolas oficiais de idiomas para os cursos oficiais da Unión Europea.
  • Inicialmente contan con 1664 potos vacantes (o número pode variar se as consellerías retiran algúns por proposta de amortización). Poderían enviarnos a relación de prazas para facer alegacións a finais da semana que ven.
  • Prevén publicar o concurso a finais de maio.

Dende que a mediados de marzo difundiramos o borrador do concurso de traslados de corpos xerais que nos pasara a Dirección Xeral da Función Pública, foron moitos os compañeiros e compañeiras que nos achegaron ao noso enderezo, autonomica@cigadmon.gal, propostas de cambios no texto. Todos os correos foron enviados para a súa consideración ás persoas que, en nome da CIG, se encargan do concurso. Grazas por confiar na CIG.

Conscientes de que as circunstancias de cada quen poden influir na visión que teremos dos méritos, o noso papel como sindicato é defender un equilibrio o máis xusto posíbel. En base a esta idea, queremos contarche algunhas das alegacións que fixemos ás bases do concurso. Subliñar que estamos a falar dun resumo das alegacións que presentamos.

A primeira obxección xurde xa nas primeiras liñas: un funcionario ou funcionaria que obtivera o posto por concurso de méritos necesita dous anos de permanencia para poder participar no concurso, requisito que non se aplica a quen obtivera o destino por libre designación. A este último non se lle esixe nin un só día de permanencia. Exemplo de posíbel abuso: funcionario que obtivo destino no concurso anterior, nomeado posteriormente por LD, novamente concursa e obtén destino. En pouco tempo pode xerar dous apetitosos postos para adxudicar en comisión de servizos.

Achéganos Función Pública o primeiro borrador do concurso de traslados de funcionarios e funcionarias de corpos xerais. Temos de prazo ata o 27 de marzo para presentar alegacións escritas. Podes achegarnos o que consideres ao enderezo autonomica@cigadmon.gal

Seguimos sen saber nada dos concursos de persoal laboral, de administración especial e escalas.

Descargar borrador.

O luns 21 de xullo tivemos unha xuntanza con responsábeis de AMTEGA para falarmos das instrucións dadas pola axencia respecto do persoal que obtivo destino no último concurso de traslados e posterior eleición de destino definitivo dos tres corpos da escala informática.

A CIG solicitara unha xuntanza con Función Pública, pero foi AMTEGA quen nos citou. Precisamente este feito motivou a primeira intervención da CIG: entendemos que é Función Pública quen debe dispoñer que cada quen vaia ao seu posto, quedando AMTEGA a disposición do que indique Función Pública. Inda así, acudimos a xuntanza a escoitar e expoñerlle a nosa visión.

O problema xurde dunha instrución de AMTEGA na que indica que o persoal que obeña posto non cambie de área, o que vai unido á realidade de que hai xente que cambiou de localidade e permanece na mesma, cambiou de nivel e mantén as tarefas, cambiou de posto dentro dunha localidade (incluindo a postos que dan servizo a outras consellarías) e segue na mesma mesa.

Nun feito insólito na Administración da Xunta, a Axencia para a Modernización Tecnológica de Galiza, acaba de comunicarlle ao persoal funcionario que concursou que vai permanecer “onde estaba”, todo isto despois da falta de mobilidade destas escalas e de estar esperando moita xente durante anos o poder achegarse ás súas localidades.

Esta chulería non ten precedentes dentro desta Administración, e constitúe un feito arbitrario do que imos esixir responsabilidades, tanto a AMTEGA como a Función Pública.

A AMTEGA entende que o concurso só sirve para botar ao persoal interino que ocupaba os postos ofertados no concurso, e ao mesmo tempo para impedir o dereito de mobilidade dos/as funcionarios/as públicos/as.

Tal e como anunciáramos a semana pasada, hoxe publícase no DOG a resolución definitiva do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas.

Son un total de 24 adxudicacións. Os prazos posesorias quedan diferidos ata que rematen os actos de elección de destino definitivo dos/as funcionarios/as do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas, en destino provisional. A data de inicio dos prazos posesorios publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Infórmanos Función Pública que o vindeiro martes, 25 de marzo, publicarase no DOG a resolución pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración da Xunta de Galiza, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas.
 
Dado que están pendentes de elección de destino definitivo a escala superior e técnica de finanzas (OPE 2009) aprazaranse as tomas de posesión.

A publicación no DOG da orde de toma de posesión estimase para finais do mes de marzo se non houber ningún problema grave

Como en todos os concursos, a publicación da resolución definitiva disparou os ruxe-ruxe durante todo o mes de febreiro dunha inminente resolución. Finalmente o venres, 28 de febreiro, contra as 14:00h o director xeral da Función Pública daba a única información precisa durante todo o concurso: “o luns, 3 de marzo, publicase no DOG a resolución definitiva”.

Foi este un concurso peculiar en canto á redución de postos ofertados (1085) perante a unha grande demanda (máis de 3000 solicitudes). Nesta redución tiveron moito que ver as amortizacións que se produciron antes de chegar á listaxe de postos ofertados en primeira fase pero tamén antes de chegar á listaxe de resultas. Por outro lado, destaca tamén polos 8 meses que tardou en publicarse a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas.

Pasará tamén a historia por ser o primeiro concurso de corpos xerais nos que entrará en vigor a redución do tempo para tomar posesión con cambio de localidade (de un mes a 7 días hábiles con carácter xeral) Aínda que máis gravoso resulta o feito de que a posibilidade de ampliar este tempo dependa única e exclusivamente dunha decisión discrecional da xefatura de persoal do posto de destino.

Vimos de detectar un erro na resolución definitiva na que se vén de adxudicar un posto na primeira fase que xa ten dono.

No DOG do 16 de outubro de 2013 quitábase do concurso de corpos xerais o posto número 14 (XEFATURA SECCIÓN PUNTO COORD. ORDES DE PROTECCIÓN) en execución dunha sentenza xudicial derivada dun recurso ante a resolución do anterior concurso (o do 2010). Porén, finalmente non o retiraron xa que na resolución definitiva aparece este posto aduxicado a outra persoa diferente á persoa que o ocupa na actualidade por mór da execución dunha sentenza xudicial.

Vimos de comunicarllo a Función Pública para que tome as medidas oportunas canto antes para minimizar as consecuencias deste erro. Función Pública confírmanos que xa tiñan constancia e que están estudando "como solucionalo".