Concursos de traslado

En principio esta listaxe tiña que ser publicada a finais do mes pasado pero sufriu un lixeiro atraso debido ao alto volume de solicitudes doutras Administracións. Se non xurde ningún problema de última hora, a resolución enviarase a DOG esta semana e publicaríase para a seguinte. Desde o día da súa publicación, estaría dispoñible para consulta a listaxe de persoas admtidas e exlcuídas na web da Dirección Xeral de Función Pública.

No DOG do 05/06/2013 publícase a Orde pola que se convoca o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Xunta de Galiza dos corpos superior de sistemas e tecnoloxía da información, de xestión de sistemas de información e administrativo da escala técnica auxiliar de informática.

As solicitudes deberán presentarse por rexistro desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e ata o día 22 de xuño de 2013. O modelo de solicitude estará á disposición das persoas interesadas na seguinte páxina web da Dirección Xeral de Función Pública.

O concurso foi aprobado co voto en contra da CIG, abstención de CCOO, e voto favorábel de UGT e CSIF.

O concurso de informática pasou pola Mesa Xeral o martes 28 de maio, e será aprobado definitivamente na Comisión de Persoal do xoves 30. En poucos días estará no DOG. A negociación foi, novamente, un paripé: dende o documento inicial ao final so hai cambios menores mantendo os responsábeis da Administración o esquelete fundamental das bases que favorecen, descaradamente, a quenes estiveron en libre designación.

AMTEGA fixo o que lle veu en gana cos postos (son moitos os que non se ofertan porque din que os van amortizar ou modificar "substancialmente"). Por riba meten a man nas prazas de resultas reservándose Función Pública a capacidade de ofertartar só aquelas que consideren "de necesaria cobertura". Eso si, recoñecemos un cambio significativo nesta fase de resultas: haberá un segundo periodo de petición (condicionado a unha reserva inicial) na que se poderán solicitar postos concretos resultado das vacantes da primeira fase (e que Función Pública quera ofertar).

O martes 28 de maio vaise discutir na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos a proposta de Función Pública para o concurso de traslados das escalas de informática.

Podes descargar a proposta dende esta ligazón: descargar.

A Dirección Xeral da Función Pública vén de estimar o recurso de reposición presentado pola CIG contra a valoración do grao universitario nas bases do concurso de traslados de corpos xerais, outorgando unha puntuación única á titulación académica de grao universitario.

Na base III.5.2 da convocatoria recorrida sinaláse a puntuación que corresponde a cada nivel de titulación académica oficial para os efectos da valoración de méritos no concurso de traslados, aparecendo no articulado dúas posibles puntuacións para a titulación de grao universitario (0,60 e 0,80 puntos), o que resultaba nunha puntuación diferenciada para un mesmo título académico e sen que conste ningún criterio obxectivo para tal efecto.

Cómpre destacar que a titulación de grao universitario constitúe un único nivel académico oficial, ao abeiro do artigo 3 e do Capítulo III do Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro (BOE 30/10/2007), polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, existindo unha única titulación (título de Graduado ou Graduada) acompañada da denominación específica do estudo oficial universitario correspondente do Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT). O propio artigo 76 da Lei 7/2007 do 12 de abril (BOE 13/04/2007), pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público recoñece implicitamente a unicidade da titulación de grao universitario, ao dispor que esta será a titulación esixida para o acceso tanto ao actual subgrupo A2 como ao subgrupo A1.

Xa que logo, a CIG-Autonómica presentou o pertinente recurso de reposición solicitando que se modifique a redacción da base III.5.2 da orde de convocatoria do concurso de traslados de persoal funcionario de corpos xerais, no sentido de lle outorgar ao grao universitario unha puntuación única, que vén de ser estimado pola Dirección Xeral da Función Pública.

Achegamos a situación do buzón de postos das escalas de informática coas últimas modificacións. Dos 121 postos vacantes, un total de 14 van ser amortizados, en contra das nosas alegacións, polo que Función Pública non as ofertará finalmente na vindeira convocatoria do concurso de traslados.

Achéganos Función Pública o borrador das bases da convocatoria do concurso de traslados para a cobertura de postos vacantes das escalas de informática, ante a súa próxima convocatoria.

A primeira reunión terá lugar o 14 de maio. Coma sempre, podedes achegarnos as vosas consideracións a autonomica@cigadmon.gal

No DOG 18/04/2013 publícase a resolución da Dirección Xeral de Función Pública pola que se aproba a relación definitiva de admitidos e excluídos do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración especial da Xunta de Galicia, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 28 de novembro de 2012.

A listaxe de persoas admitidas pódese consultar na páxina web de Función Pública, no apartado de "Concursos". A listaxe de persoas excluídas publícase coa dita resolución, contra a cal poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, ou poderase inpugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data.

No DOG do 11/04/2013 publícase tanto a orde que abre o prazo posesorio das prazas adxudicadas no último concurso de persoal laboral do grupo I ao IV, así como as distintas ordes de adxudicación de destino defintivo das categorías destes grupos que estaban en destino provisional. Exceptúanse destas tomas de posesión as prazas do grupo IV das categorías 4 (auxiliar coidador) e 5 (oficial 2º de cociña). Finalmente Función Pública non atendeu o noso requerimento e deixan adiada estas tomas de posesión para xuño.

Son varios os concursos de traslados que se atopan convocados en diferentes etapas (persoal laboral, corpos especiais e corpos xerais) e outros nos que se albisca a súa inminente convocatoria (informática).

Persoal laboral grupos I ao IV

As persoas adxudicatarias dos postos ofertados, agás imprevistos, tomarán posesión na semana do 8 ao 12 de abril. Como viñamos anunciando, esta toma de posesión será conxunta coa das persoas que tomaron destino definitivo dos últimos procesos selectivos. Exceptúanse os postos de coidador auxiliar (IV-004) e oficial 2ª de cociña (IV-005) nos que se adiará a toma de posesión para o mes de xuño. En relación con esto último, a data prevista para o acto de elección definitivo de destino para os postos da OPE 2006 de coidador auxiliar (IV-004) tanto pola quenda de acceso libre e promoción interna é o día 11/04/2013 e para oficial 2ª de cociña (IV-005) tanto pola quenda acceso libre e promoción interna é o día 12/04/2013.