Concursos de traslado

Achéganos Función Pública o primeiro borrador do buzón de postos a ofertar no concurso de traslados de informática. Temos de prazo para facer alegacións até o venres 22 de marzo, así que se tes algo que dicir podes contactar connosco.

Dun total de 121 postos, 21 aparecen con algunha "coletilla", e ollo, que xa avisan que van retirar 16 por proposta de amortización. Continúa a sangría de postos públicos, mais o que non cambia son as adxudicacións de contratos informáticos da AMTEGA para facer traballo de empregado público. Un exemplo:

A Administración achéganos a relación de postos vacantes ofertadas no concurso de traslados para o persoal laboral das categorías IV-003, IV-009 e IV-035 que quedaron desertos na 1ª fase e na fase resultas. Os ditos postos seran ofertados con carácter de destino definitivo ao persoal que superou os procesos selectivos derivados da última OEP (2005) e que se atopa en destino provisional.

Danos de prazo ata o 11 de marzo ás 15:00h pra presentar alegacións. Podedes achegarnos as vosas consideracións a través do enderezo autonomica@cigadmon.gal.

Descargar a relación de vacantes das categorías IV-003, IV-009 e IV-035

No DOG do 07/03/2013 publícase a Orde do 28 de febreiro de 2013 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes dos grupos I, II, III e IV de persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 2 de maio de 2012.

Debido a que existen postos adxudicados que están ocupados provisionalmente por traballadores/as que superaron os últimos procesos selectivos convocados e coa finalidade de garantir a continuidade na prestación de servizos, a Administración adía as tomas de posesión nos destinos obtidos no concurso até a data en que aqueles/as traballadores/as elixan destino definitivo e poidan tomar posesión del.

Descargar a resolución do concurso coa adxudicación de postos

A Dirección Xeral da Función Pública infórmanos de que o vindeiro 7 de marzo de 2013 publicarase no Diario Oficial de Galicia a Orde pola que se resolve o concurso de traslados para a provisión de postos de traballo vacantes dos grupos I, II, III e IV de persoal laboral da Xunta de Galicia

A toma de posesión diferirase até a resolución dos actos de elección de destino definitivo dos aspirantes que superaron os procesos selectivos da OEP de 2005.

A Dirección Xeral da Función Pública vén de ligar na súa páxina web, en formato de folla de cálculo, a relación completa dos postos de traballo ofertados no concurso de traslados de persoal funcionario da Administración xeral, incluíndo os códigos e descricións das titulacións, formación e observacións correspondentes a cada posto. 

Descargar a listaxe extendida dos postos ofertados

No DOG do 26/02/2012 publicouse a convocatoria do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia. Podedes acceder á xeneración de solicitudes a través da seguinte ligazón. O prazo para a súa presentación  abranguerá do 27 de febreiro ata o 15 de marzo de 2013.

Función Pública xa ten dispoñible na súa páxina web unha versión en folla de cálculo dos postos ofertados coas principais características. En breve publicarse unha listaxe de prazas coa titulación asociada, formación específica e observacións.

- Prevista a súa publicación antes de rematar o mes de febreiro.
- Con moitas prazas vacantes retiradas negándosenos os argumentos das consellarías.

- Haberá un concurso "específico" para determinados postos.

- Nalgúns aspectos, feito para primar a libres designación.

- Hai prazas dotadas pero sen crear na Relación de Postos de Traballo dende fai anos e que por tanto non sairán no concurso.

O concurso de corpos xerais pasou pola Mesa Xeral do luns 18 de febreiro, e, coa Comisión de Persoal convocada para o mércores 20, agardamos que estea publicado no DOG antes de rematar este mes.

Será lembrado como concurso do recorte, das prazas agochadas, amortizadas e até reservadas que xenerará numerosas comisións de servizo. Teoricamente promovido pola Dirección Xeral da Función Pública pero na realidade impulsado pola de Orzamentos, coa clara intención de xenerar novas vacantes para amortizar postos.

O luns 11 de febreiro de 2013 a Administración mantivo unha xuntanza coas organizacións sindicais para responder ás alegacións ás bases e ás prazas do concurso de traslados de persoal funcionario de corpos xerais. A Administración informou das cuestións seguintes respecto das alegacións presentadas:

  • O tempo traballado en destino provisional terase en conta a para poder participar, sempre que se estea en destino definitivo
  • O tempo de permanencia no posto será tido en conta aínda que se promocionara por promoción interna, sempre que non se mudase de posto.
  • Cursos: os criterios quedan igual que estaba na proposta inicial da Administración, engadindo só a mención específica dos cursos de deseño de presentacións.
  • Na fase de resultas, aceptan a alegación da CIG de poder pedir en resultas diferentes niveis en difertentes localidades, até 3

O martes 29 de xaneiro tivemos unha xuntanza con Función Pública para discutirmos o concurso de traslados de corpos xerais, tanto o referente ás prazas como ás bases.

Prazas

Inda que a Administración non quería discutir este asunto, exiximos tratalo, e así fixemos. Non aceptamos a masiva amortización de postos que están a preparar, e moito menos sen dar explicacións de ningún tipo. Exiximos coñecer as circunstancias de cada praza, cales son a consecuencia das restriccións da lei de presupostos que o PP está a impulsar, cales puidesen ser por unha reestructuración de efectivos, cales están vacantes puras, cales están ocupadas interinamente, cales din as consellarías que non son necesarias, cales se retiran porque van ter un concurso específico (eso é o conto que nos contan en prazas como as habilitacións, nivel 25), ou que queren modificalas para escalas que aínda non crearon.. Queremos copias das certificacións das consellarías.

102 deles en servizos públicos claves como centros de ensino e oficinas de emprego.

A Dirección Xeral de Función Pública ven de enviar ás OOSS o listado de postos a ofertar no próximo concurso de traslados de Corpos Xerais da Xunta de Galiza.

Neste concurso ofértanse 1563 prazas, 35 menos que no anterior. Pero ademais destes postos, 433 teñen a observación “Eliminarase por proposta de amortización”, e no caso de non ofertarse estaríamos ante unha redución dun 30% con respecto ao anterior concurso de traslados.

O director xeral de Función Pública fixo declaracións ambiguas en relación a si estes postos van a entrar no concurso ou non. En declaracións aos medios dixo "Si [o funcionario de carreira] gaña unha praza das que se ten previsto amortizar poderá ocupala porque será cambiada por outra". Pero o certo é que no listado aparecen como que se retiran do concurso.