Concursos de traslado

Nota do 24/01/2013: dispoñíbel o borrador dos postos. Descargar.

A Dirección Xeral da Función Pública vén de achegarlles ás organizacións sindicais o rascuño das bases da vindeira convocatoria do concurso de traslados de persoal funcionario da Administración xeral. A previsión da Administración é que a convocatoria do concurso de corpos xerais se realice no mes de febreiro de 2013.

A negociación das ditas bases realizarase o vindeiro martes 29 de xaneiro de 2013, podendo achegarse suxestións á CIG a través do enderezo de correo autonomica@cigadmon.gal ou por medio do formulario da nosa páxina web.

Descargar o rascuño das bases do concurso de traslados de corpos xerais.

O xoves, 17 de xaneiro, tivo lugar a primeira xuntanza da comisión do concurso de traslados de persoal laboral grupos I-IV. Na dita xuntanza comezouse a examinar as reclamacións. Foron 200 persoas as que presentaron reclamaciós ás puntuacións provisionais que en total presentaron unhas 350-400 reclamacións. A estimación temporal é que nunhas 4-5 sesións máis tera rematada a fase de valoración das reclamacións.  A próxima xuntanza será o próximo xoves, 24 de xaneiro.

O mércores, 16 de xaneiro, reuniuse a comisión de valoración do concurso das Escalas de Estatística para elevar a definitiva a resolución provisional. Non houbo reclamacións así que en breve publicarase a resolución definitiva; nuns días mandaran a data por correo electrónico.

Nese mesma reunión aproveitamos para preguntarlle a Función Pública por outros concursos que aínda están pendentes de convocatoria:

  • Corpos xerais: están na fase de pedir as prazas ás consellerías e que en breve mandarán o borrador das bases do concurso para negociar; adiantan que terán poucos cambrios con relación ás anteriores do 2010. En canto á previsión para que se publique segue sendo febreiro.

Infórmannos desde Función Pública que o vindeiro martes, 18 de decembro, publicarase no DOG a baremación provisional de méritos do concurso de traslados para a provisión de vacantes do corpo facultativo superior e técnico de estatísticos. Acceso ao DOG

A Xunta de Galiza acaba de publicar a orde de convocatoria do concurso de corpos especiais no DOG do luns 3 de decembro de 2012, podededes consultala aquí: Orde pola que se convoca o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración especial da Xunta de Galiza.

O modelo de solicitude estará á disposición de todos/as os/as que desexen participar no concurso na páxina web da Xunta de Galiza. As solicitude deberán presentarse dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no DOG ata o día 28 de decembro de 2012.

A CIG xa denunciou o pasado 27 de novembro pasado o fiasco que supón este concurso. Deixámosvos unha escolma dos motivos:

O luns 3 de decembro estará publicada no DOG a Orde pola que se convoca o concurso para a provisión de postos vacantes na Administración especial da Xunta de Galicia. O prazo para presentar as solicitudes de participación remata o 28 de decembro de 2012.

Comunícanos Función Pública que o venres 30 de novembro publicarán a Resolución coas puntuacións provisionais dos e das participantes admitidos/as no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes dos grupos I a IV de persoal laboral da Xunta de Galiza, convocado pola Orde da Consellaría de Facenda do 2 de maio de 2012. Accede á consulta web.

Informamos tamén que o luns 26 constituiuse a Comisión de valoración que estudará as reclamacións aos distintos apartados do baremo. A partires de agora a Comisión xuntarase periódicamente para atender as peticións que lle cheguen, que poden presentarse até o 14 de decembro

O martes 27 de novembro tivo lugar na EGAP a Comisión de Persoal para aprobar a convocatoria do concurso de traslados de corpos especiais. Estaba o Director de Función Pública todo fachendoso porque ofertaba un concurso con 671 prazas. Contou ben as prazas ofertadas, máis non contou as prazas que non se ofertan, polos intereses particulares de cada consellería, que son máis de 200.

A pesares do voto desfavorábel de tódalas organizacións sindicais alí presentes, aprobouse este concurso. Un concurso que leva máis de 7 anos agardando, e a pesar de todo este tempo non saíu ben parado. A CIG votou en contra nesta Comisión de Persoal por sobrados motivos que agora enumeramos:

O venres, 23 de novembro, achegounos a Administración a convocatoria para unha Comisión de Persoal extraordinaria na que se aprobará a convocatoria do concurso de corpos especiais da Xunta de Galiza, un concurso que non se sacaba desde 2004.

Coa dita convocatoria, achégasenos a listaxe de postos definitiva que deciden ofertar; tamén acompañan copia da sentenza na se basean para a exclusión de determinados postos da RPT da Consellaría de Medio Rural e do Mar.

Tal e como anuciabamos a finais do mes pasado, aínda que cun pequeno atraso, hoxe, 16 de novembro, publícanse no DOG as seguintes ordes relacionadas coa toma de posesión do persoal veterinario, tanto do que superou o proceso selectivo convocado pola Orde do 29 de decembro de 2004 como do que participou no concurso de traslados convocado pola Orde do 22 de xullo de 2011.

  • Adxudicación dos postos con carácter definitivo aos/ás funcionarios/as que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, grupo A, escala de veterinarios, convocado pola Orde do 29 de decembro de 2004. Acceso DOG

  • Apertura do prazo de toma de posesión dos postos adxudicados en virtude da resolución definitiva do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de veterinarios. Acceso DOG