Dereitos, deberes, permisos, excedencias..

A xornada de verán é un exemplo das distintas modalidades de discriminacións que están a facer con varios tipos de persoal ao que non se lle aplica.

Pasadas as 14h do venres 14, recibimos correo de Función Pública coa nota informativa sobre o horario de verán 2019. Descargar.

O primeiro que esixe a CIG é que o horario de verán se regule de xeito permanente, e non mediante “notas” de Función Pública que chegan cada ano a última hora.

O segundo, arranxar algúns aspectos discriminatorios do contido das instrucións:

1. Persoal que ten horario especial, traballa a quendas ou xa ten unha redución de xornada previa. Esto é, que a inmensa maioría do persoal laboral, e bastante persoal funcionario, está excluido do horario de verán. A CIG demanda que este beneficio sexa de aplicación a todo o persoal, e se non pode ser aplicado que se ofreza algunha compensación en descanso.

O mal camiño

A Axencia de Turismo de Galicia intenta modificar as condicións de traballo dos empregados públicos saltándose a lei.

Estes días o persoal de das oficinas de turismo dependentes da Axencia de Turismo recibiron un suposto "Acordo" que se converteu posteriormente nunhas "instrucións" en materia de vacacións do persoal de oficinas de turismo. Este acordo é coma os pokemon, vai evolucionando co paso do tempo e cambiando de nome... “acordo”... “instrucións” e finalmente “instrucións singulares”.

A Consellería de Medio Rural está a enviar estes días escritos polo que se modifica, polas boas, os horarios flexibles por conciliacicón familiar ao persoal das Oficinas Agrarias Comarcais.

Segundo a información que temos, estarían a chegar os escritos ao persoal técnico (veterinarios/as e enxeñeiros/as tec. agrícolas), baseándose en que estas oficinas teñen un carácter de oficina de rexistro e atención ao público.

O caso é que, segundo se desprende da notificación, ou asinan a modificación que lles propoñen (de 09:00 a 14:00) ou lles revogan o horario por conciliación familiar.

A modificación no caso da flexibilidade familiar ten que estar debidamente motivada e máis robustecida ca no caso da flexibilidade 'automática'; a flexibilidade familiar é un dereito recoñecido na lexislación de emprego público de Galiza a través da lei de igualdade. Esa motivación de modificación ha de estar singularizada e non pode ser baseada en función das xenéricas necesidades do servizo senón en función das tarefas do posto e estudando o resto de recursos humanos dispoñibles. Motivar insuficientemente faría a resolución arbitraria e nula. Hai un procedemento e uns prazos, que teñen q respectar, ademais.

Certo é que, en último caso, mandan as necesidades do servizo, pero hai que concretalas. E se eses postos non fan atención pública nin traballos suxeitos a un horario fixo, esa resolución decae nun xulgado. Por nin falar que habería que facer un estudo do cadro de persoal, cargas de traballo, condicións familiares e reparto de tarefas; non ten sentido obrigar a estar de 9 a 14 h a todo o mundo se hai xente que para esas concretas tarefas non ten flexibilidade familiar e xa vai estar de 9 a 14 h.

Nos casos de flexibilidade familiar as dinámicas da xurisprudencia están sendo bastante favorables. Non sabemos porque se meten neses xardíns que ademais poden ter consecuencias de desgaste político para o Goberno da Administración que as aplica.

No DOG do 28/01/2019 publican a Orde do 18 de xaneiro de 2019, conxunta das consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e do Medio Rural, pola que se establece o réxime de prestación de servizos das escalas de axentes forestais e axentes facultativos medioambientais.

Despois de varios meses de negociación, e de realizar varios actos reinvindicativos: manifestacións, roldas de prensa, convocatoria de folga infefinida, consiguese chegar a acordo sobre as condicións de traballo dos axentes forestais/medioambientais. E tras varios meses de espera sae publicada a orde de prestacións de servizos.

No “Acordo de concertación do emprego público de Galza” asinado polo goberno de Feijoo e os sindicatos CCOO e UGT, hai unha referencia á xubilación parcial e contrato de relevo, cunha mistura de desleixo para o persoal funcionario e mentira para o persoal laborais.

Para analizalo procede facer unha comparación entre dous textos:

O texto do Acordo asinado por CCOO, UGT e Xunta o 15/01/2019, di o seguinte: “Estudaranse medidas para propor nos supostos de xubilación parcial á Administración xeral do estado tendentes a permitir ou prorrogar o mantemento do Acordo para o acceso á xubilación parcial e contrato de relevo do persoal laboral do convenio colectivo do persoal laboral da Xunta [..]” (Sección primeira, punto oitavo).

O texto dese mesmo Acordo que foi aprobado na Comisión de Persoal do 27/12/2018 co voto favorable de CCOO, UGT e Xunta, dicía algo diferente, moito máis xenérico: “Estudaranse medidas para propor nos supostos de xubilación parcial cara a modificación na normativa estatal”.

O "Acordo de concertación social" no emprego público de Galiza, aprobado na Comisión de Persoal do 27/12/2018 co voto favorable de CCCOO e UGT, e en contra da CIG, inclúe a tan demandada "carreira profesional", un sistema ven a ser unha especie de pacto de "sexenios" que permitirá incrementar as retribucións en función da antigüidade.

A proposta inicial da Administración presentada polo verán estaba destinada exclusivamente ao persoal funcionario de carreira e ao persoal laboral que aceptase a funcionarización. Excluía ao resto do persoal laboral e ao persoal temporal/interino. Ao longo da negociación, algunha cousa mudou.

Dende o pasado un de xaneiro a Xunta de Galiza paralizou o pago dos complementos ao persoal de MUFACE a partir do día 91 de baixa.

A CIG dende a Xunta de Persoal de Servizos Centrais, leva dende hai tempo intentando solucionar este problema que afecta a un numeroso grupo de traballadores/as tanto da área da Administración autonómica como da Área de Educación.

Así despois de varios contactos coa Secretaría Xeral do Patrimonio e coa Asesoría Xurídica Xeral temos boas novas:

• A partires de agora a Xunta comprométese a abonar os complementos compensatorios a partir do día 91 de baixa co pago do 100% dos salarios.

• Amáis vai facer efectivo de oficio (non vai ser necesario solicitalo) do pago retroactivo de todos os complementos non abonados do ano 2018.

Temos que esperar a aprobación oficial na vindeira Comisión de nóminas deste acordo, pero contamos xa co compromiso da Administración.

Esto nos refrenda na nosa idea de sindicato que pon enriba da mesa os problemas, pelexa por eles e da solucións.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou no DOG do 24/10/2018 a relación de días festivos galegos do calendario laboral para o ano 2019. Segundo tal Decreto, os días son os seguintes:

  • 1 de xaneiro Aninovo
  • 19 de marzo Día de San Xosé
  • 18 de abril Xoves Santo
  • 19 de abril Venres Santo
  • 1 de maio Día internacional da clase obreira
  • 17 de maio Día das Letras Galegas
  • 25 de xullo Día da Patria Galega
  • 15 de agosto Asunción da Virxe
  • 12 de outubro Festivo
  • 1 de novembro Todos os Santos
  • 6 de decembro Día da Constitución
  • 25 de decembro Nadal

A Consellaría de Política Social e, por extensión, o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, está a facer unha interpretación e aplicación autónoma do artigo 30 do V Convenio, consistente en non aceptar o parte de repouso expedido polo facultativo do servizo público de saúde para xustificar as ausencias por enfermidade de dous ou tres días. Esta interpretación afástase do criterio histórico de interpretación da norma convencional e da práctica das restantes consellarías, que si aceptan tal xustificante. En relación con tal práctica, cabe facer as seguintes consideracións:

  • O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, a Xunta de Galiza e o INSS discriminan ás mulleres que estiveron en suspensión por maternidade no ano 2017.
  • A data de hoxe as traballadoras do Consorcio que tiveron un/ha fillo/a no 2017 non se beneficiaron do incremento da base de cotización como consecuencia do Acordo asinado entre Xunta e sindicatos para a Integración, no que se lles recoñecía, por fin, o pago de trienios con efectos económicos de xaneiro de 2017.

A pesar de ser avisados en diversas ocasións pola CIG de que se tivera en conta a situación do persoal en suspensión por risco durante o embarazo e por maternidade sempre se nos manifestaba que era unha cuestión que tiña que resolver a Seguridade Social. Pedímoslle que comunicaran de oficio a modificación das bases de cotización ao INSS destas máis de 50 mulleres pero non se fixo, polo que tiveron que solicitar de forma individual as súas bases de cotización e reclamarlle a Seguridade Social. As primeiras respostas chegaron estes días no sentido de non estimar a súa petición porque “ a retroactividade non pode exceder de 3 meses”.