Na Mesa Xeral do venres 12 de xuño vaise discutir a xornada de verán. A proposta de Función Pública consiste en establecer unha xornada de 8.30 a 14:30, de luns a venres, dende o 23 de xuño até o 23 de setembro, para aquel persoal que xa viña tendo esa xornada.

A CIG quere máis flexibilidade dentro do horario obrigadorio de 9 a 14 horas, así como a compensación a todo aquel persoal que, por necesidades de servizo, non se poda acoller á presente reducción.