Achéganos a Administración a terceira versión desta normativa para unha reunión que terá lugar o vindeiro mércores, 4 de setembro. A dita versión ten unha data de 31 de xullo, a pesar do cal agardan a remitírnola tan só 2 días antes da xuntanza.

A nova versión formula un cambio no senso da compensación mensual (no lugar de semanal) para a flexibilización por motivos particulares. Esta flexibilización chámase agora "automática" a pesar de que precisa de "comunicación" previa, comunicación que ao final resulta nunha solicitude encuberta xa que o servizo pode denegar a dita flexibilidade. Isto último a pesar de que o horario de presenza fixa que se propón é bastante amplo (de 8:30 a 14:30h) e superior a outras Administracións como Xustiza ou AXE (9:00 a 14:30h).

Consulta o resto de modificacións destacadas en verde no documento para descarga.