Podería ser que é un procedemento complexo, cunha morea de trámites previos que requiran tempo dabondo...etc. Non, este non é o caso. O que acontece, unha vez máis, é o sistemático boicot das consellarías, especialmente a de Traballo e do Benestar que non queren asumir os acordos dos que non foron parte activa nin asumir a carga de traballo que pode supoñer a reorganización dos seus efectivos; resúltalle moi complexo coordinar a presenza diaria do contrato a tempo parcial, o de remuda, que vai traballar unhas horas tódolos días, co xubilado parcial que pode acumular o seu traballo parcial en xornadas completas de traballo.

Función Pública ten que asumir a súa responsabilidade de facer executar os poucos acordos positivos que se asinaron coas organizacións sindicais; neste suposto co comité intercentros do persoal laboral da Xunta de Galiza.

A CIG, como impulsora deste acordo, exixe de Función Pública unha actuación decidida para que as Consellarías executen coa celeridade necesaria o acordo de acceso á xubilación parcial anticipada.