Estes son os cambios respecto ao último borrador:

- Poñen o horario de presenza obrigada de 9:00h a 14:30h

- Engaden a prelación no teletraballo para as persoas que teñen condicionantes familiares.

Pola contra, e baixo a xustificación de “equipararnos ao persoal do Estado”:

- Reducen o tempo diario de flexibilización: desde as 7:30 (antes podía ser 7:00) e quitan as tardes dos vernes (só se poderá ata as 15:30)

Baixo isa xustificación podían tamén equiparanos nas pagas extras. Aínda que entendemos que o PP sería máis de igualarnos para o bo, como moito, no tipo de "flexibilidade" demostrada recentemente en Castela A Mancha.

Brincadeiras a parte, seguen sen contemplar unha flexibilidade automática xa que a proposta da Administración mantén a posibilidade de denegación previa. Tampouco se moven sobre os 10 minutos diarios de cortesía para fichar (art. 6.6).  Tamén manteñen o cesamento e suspensión sen regulamentar a prelación e o dereito da rotatividade nas múltiples casuísticas que se poden dar nos servizos. É dicir, dánlle moita manga ancha “as necesidades do servizo” sen que estas queden regulamentadas.

De feito, noutros textos doutras Administracións non se poñen tantos "peros" como na Xunta senón que fica en función das RPTs as peculiaridades para non poder execitar a flexibilidade horaria. Hai que ter en conta que a flexibilidade só é real para as traballadoras e traballadores que fan labores de oficina e que non teñan dispoñibilidade horaria nin quendas.

Pola súa banda, o teletraballo fica completamente ao albur da Administración aínda que se prevée que teña unha aplicación residual xa que non resulta aplicable á marioría dos postos. Basta con ver por onde comezou o programa piloto de aplicación: na Escala de letrados

Coméntanos o director xeral que entre eses dous procesos aínda poden cambiar algo pero que xa está definido o fundamental. Falou abertamente de que están moi interesados en ter o noso "voto de apoio"... iso o dicía, sen ningún rubor, mentres mandaban á prensa a nota facendo xogo político cos nosos dereitos.