A disposición adicional cuarta da Lei Orgánica 9/2013, do 20 de decembro, de control da débeda comercial no sector público (BOE 21/12/2013), modifica o apartado k) do artigo 48 do Estatuto Básico do Empregado Público, que queda redactado como segue: "Por asuntos particulares, catro días ao ano". Esta lei, de acordo coa súa disposición final sétima, entra en vigor ao día seguinte da súa publicación no BOE.

Polo tanto, esto implica que queda modificada a Resolución do 12 de marzo de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas no que se refire a instrución décimo segunda, punto 1, primeiro parágrafo (permiso para asuntos persoais), quedando redactada como segue: "1. Ao longo do ano, o persoal funcionario terá dereito a desfrutar de ata catro días por asuntos persoais".

Tendo en conta que a modificación efectuada entra en vigor no ano 2013, esta dirección xeral entende que neste ano poderíase desfrutar dun día máis por asuntos persoais.

Para facilitar o seu desfrute, dado que xa está a rematar o ano e que a maioría do persoal ten autorizados os días de asuntos persoais, amplíase a posibilidade de desfrutalo ata o 31 de marzo do 2014 respectando as necesidades do servizo.