As modificacións informáticas xa están feitas no Portax e no Kronos de tal xeito que a partir do día 2 de xaneiro o persoal poida cubrir e imprimir as solicitudes de flexibildade e/ou teletraballo. No propio Portax existe un manual e teléfonos de asistencia no caso de dificultades ou dúbidas. Antes da entrada en vigor, os servizos de persoal recibirán notificación e unha guía para tramitar as diferentes solicitudes. Agárdase unha elevada demanda de solicitudes de flexibilidade polo cal é moi probable que non se comece a reflectir no sistema os efectos das solicitudes ata pasado o 15 de xaneiro.

Flexibilidade en centros que pechan polas tardes

A dita orde garante o dereito ás empregadas e empregados públicos no ámito da súa aplicación a poder flexibilizar como mínimo ata as 18:30h (excepto venres). Porén, en moitos centros pequenos non hai persoal subalterno ou ordenanza de tarde nin seguridade máis aló das 15:30h. A Dirección Xeral de Avaliación garante a súa efectividade xa que a persoa responsable do centro ten que facilitar o acceso ás persoas que teñan flexibilidade. A solución dada pola dirección xeral é facilitar unha chave (cun xustificante de entrega) para que a persoa que teña flexibilidada xestione a súa propia entrada e saída. A solución dada non nos convence xa que deixa en mans da persoa traballadora unha responsabilidade que non lle corresponde.