Achéganos a Administración a segunda edición das instrucións que deberían aclarar e uniformizar nos diferentes departamentos da Xunta a aplicación da Orde de xornada laboral, flexibilidade e teletraballo.

Vai xa máis de 2 meses desde que rematara o prazo para presentar alegacións sen ter noticias salvo pola prensa na que ían aparecendo algunhas declaracións e algúns datos de implantación. Polo medio as distintas consellarías levan aplicando de facto os aspectos fundamentais destas instrucións que chocan directamente coa lei de igualdade na flexibilidade familiar. Tampouco regulan minimamente o que comporta facerse cargo das chaves nos centros, o cal vai afecta directamente ao exercicio do dereito da flexibilidade.

Nesta nova proposta os cambios son escasos e referidos a cuestións de matices e unhas cantas aclaracións para o caso de xubilación ou baixa laboral. O cambio de peso vén da man do teletraballo no que non será necesario fichar toda vez que o seu desenvolvemento levarase a cabo en función do cumprimento de obxectivos. De todos os xeitos, queremos recordar que a finais do mes de abril (e por datos de Avaliación á prensa) só 28 persoas en toda a Xunta estaban a teletraballar.