A Secretaria Xeral de Traballo e Benestar explícanos que:

  1. Que xa esta aprobado e pendente de licitación a compra de material para a mellora de equipamentos nos centros, que destinan un montante de arredor de 650.000 euros en 49 unidades de guindastres, 425 camas articuladas, trescentas e pico mesillas, e 24 padiolas para os baños xeriátricos. Esperan que este material este nos centros para o seu uso no verán, entre xullo e agosto deste ano.
  2. Que respecto ao persoal hai un orzamento incrementado en un 30% dende a ultima proposta en xullo de 2014, e que tendo en conta as demandas sindicais, a súa postura e a de destinar todo o orzamento a creación de plantilla en RPT, e non compensar economicamente os domingos e festivos, nin en tempo, posto que para poder compensar en tempo segundo os seus cálculos, tería que ter este orzamento triplicado. O orzamento dispoñible é arredor de 3.000.000 de euros.

A CIG manifesta que xa presentou alegacións por escrito, que resumimos na reposición inmediata do artigo 19 do Convenio e mentres tanto e de xeito inmediato que se cumpran as seguintes cuestións:

  • Garantir dous días de descanso ininterrompidos.
  • Un Domingo e un festivo inhabilita a traballar o seguinte.
  • Quedas de 5 días seguidos de traballo como máximo e 2 noites.
  • 24 e 31 de decembro consideración de festivos.
  • Eliminación da obrigatoriedade do axuste das carteleiras a 1665h, podendo ter carteleiras con menos horas sempre que se garanta o servizo.

 

Pedimos data concreta de reposición do artigo 19 do convenio (que non pode ir máis alá do día 1 de xaneiro de 2015), que nesta proposta non se fai referencia algunha a compensacións de domingos e festivos nin do descanso de dous días ininterrompidos a maiores das 12 horas de descanso entre xornadas. O persoal dos centros ten un límite de aguante, e xa chega ao limite, mentres a Consellería "apreta as tuercas" cada vez máis, facendo interpretacións restrictivas ata das súas propias instruccións, abrindo expedientes, aplicando discrecionalmente segundo a xefatura territorial ou o centro, non se tería convocado esta xuntanza si non saíra nos medios, tanto as demandas do persoal como as sentenzas dos conflitos polas quendas impostas.

Función Pública di que cos recursos dos que dispón a Administración non chega para repoñer o artigo 19 na súa integridade, tentan acercarse o máis posible, pero si o acordo pasa por ese punto, non vai ser posible chegar a acordo. Recórdanos que pola lei de medidas xa todo o persoal da Xunta de Galicia perdeu unha serie de dereitos e que o persoal de Traballo foi dobremente perxudicado. Xa perdemos os días de asuntos propios, os días adicionais de vacacións, o 5% do salario, a conxelación do mesmo, etc... e polo tanto somos persoal dobremente puteado, porque a maiores traballamos a "destajo", con persoas, non traballamos de luns a venres en xornada de maña, traballamos a quendas maña , tarde e noite, domingos e festivos e ata nove días seguidos. Indicámoslle que deberían ir a un centro non de visita para ver catro residentes facendo manualidades e sacar unha foto, senón a unha quenda completa un día festivo e comprobar o traballo, e entenderían o cabreo do persoal e o agotamento. En algúns centros ata un tercio da plantilla esta de baixa, perdendo cartos polo desconto que supón, polo agotamento e a carga de traballo.

Convocan unha nova xuntanza o vindeiro mércores 18.

A CIG manifesta a posibilidade de que establezan un programa de recuperación do restablecemento do Convenio e que así estariamos dispostos a falar, con datas concretas e non sine die.

Para rematar a xuntanza, pedimos a opinión do Director de Función Pública e da Secretaria Xeral da Consellería sobre as instruccións que chegaron a varios centros coa obriga de pedir as vacacións dos 6 días antes do día 31 de marzo, indicándolle que esa era a boa fe negociadora que tiñan. Manifestan que non tiñan constancia desa instrucción, ao que lle indicamos que esperamos que hoxe sexa retirada.