Neste senso é importante sinalar que na Administración Xeral do Estado están a disfrutar deses días de AAPP e vacacións por antigüidade dende o 12 de setembro mentres que na Galiza o PP estivo dando largas ao asunto case un mes para finalmente embaucar aos resto de OOSS.

Manipulación porque se pretende confundir aos empregados/as públicos/as desviando o foco de atención cara o posicionamento da CIG, obviando o realmente importante que é que o acordo asinado non recolle a recuperación dos nove días de AAPP que tiñamos na Galiza.

E demagoxia por dicir que se pola CIG fora, non se negocia nin se recupera nada. Nada máis lonxe da realidade, a CIG loita e loitará polos intereses das traballadoras/es públicos, pero o que non vai facer é tragar con rodas de muíño como este acordo ou, por poñer outro exemplo, coa LOFAXGA, que saíu adiante co apoio do resto de OOSS e que agora se botan as mans á cabeza cando a Administración a aplica.

Polo tanto, demagoxias as xustas, que todos/as nos coñecemos.