Na Comisión de Persoal do 24/02/2016 aprobouse a Resolución da Dirección Xeral de Función Pública, pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas, co voto en contra da CIG e a abstención de CCOO, UGT e CSIF.

Función Pública finalmente aceptou a solicitude da CIG de engadir no ámbito de aplicación ao persoal funcionario que presta servizos no SERGAS. Deste xeito, xa non se lles aplicará o "Acordo de concertación social" asinado entre Sanidade e os sindicatos do persoal estatutario no ano 2001. Porén, non aceptaron algunhas das demandas principais da CIG, polo que votamos en contra. 

No prazo de dúas semanas crearase unha comisión de seguimento da que formarán parte as catro organizacións sindicais para velar pola aplicación, desenvolvemento e a resolución dos problemas que poidan xurdir na aplicación destas instrucións, no seu caso tamén poderá propor no futuro modificacións da mesma. Nesta comisión de seguimento participarán Función Pública e as consellerías de Medio Rural e Política Social, sen prexuizo de que asista calquera outra consellería.

Podes descargar dende aquí o texto aprobado na Comisión de Persoal.