2º.- A CIG PREGUNTA COMO SE PODEN PEDIR VACACIÓNS NO MES DE XANEIRO SE NON EXISTE CARTELEIRA

Contestan que o estudarán para solucionalo.


3º.- OBRIGATORIEDADE DE PEDIR OS DÍAS SOLTOS DE VACACIÓNS AO MESMO TEMPO QUE TODAS AS OUTRAS

Función pública interpreta que os 6 días soltos de vacacións son vacacións e téñense que pedir como as outras.

A CIG manifesta que iso é inaceptábel, que se acordou nas instrucións que as vacacións se puideran pedir así precisamente por si xorden cuestións inesperadas.

F.P manifesta que o estudarán e nos contestarán.

4º.- PERMISO POR HOSPITALIZACIÓN, ......

Preguntamos si no caso de que estando unha persoa hospitalizada para unha intervención cirúrxica, teñen que realizarlle outra intervención máis por unha causa diferente continuando hospitalizada, se considera que existe un novo permiso ou é o mesmo. Función Pública interpreta que no caso de que existan dous feitos causantes estes produciran dous permisos diferentes (foi o único positivo da xuntanza)

5º.- DÍAS 24 E 31 DE DECEMBRO DE 2016.

Preguntamos a interpretación de función pública sobre a cuestión de si as persoas que teñan o seu día de descanso semanal en sábado ou domingo e caen a 24 ou 31 de decembro teñen dereito a dous días de asuntos particulares. Manifestan que non, que soamente teñen dereito aos días a maiores as persoas que o traballen.

Dende a CIG consideramos que isto é unha discriminación absoluta e que continúan a maltratar ao persoal que traballa a quendas os 365 días do ano e en particular ao persoal da Consellería de Política Social. Manifestamos que continúan a querer xudicializar continuamente as condicións de traballo do persoal da administración galega.

6º.- CULTURA BIBLIOTECA A CORUÑA

Explicamos o que está a ocorrer na Biblioteca González Garcés da Coruña, que a dirección pretende facer unhas propias instrucións. Manifestan que están de acordo coas mesmas, despois de protestar todas as OO.SS. dín que o estudarán.

7º.- DÍAS ADICIONAIS DE VACACIÓNS E A.P. AO PERSOAL QUE ESTÁ EN UNHA XUBILACIÓN PARCIAL

Manifestan que entenden que son proporcionais e que así está na páxina web de función pública. O persoal que traballe 3 meses e 30 anos de servizo terá dereito a 7 días de vacacións e 3 días de asuntos particulares.