- Recordóuselle o escrito enviado polo secretario nacional da CIG-Autonómica solicitando a incorporación á nosa normativa do epígrafe 7.2 da Resolución do 28 de decembro de 2012 que afecta aos traballadores da Administración do Estado: “Por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral, os empregados públicos con fillos, descendentes ou persoas suxetas a súa tutela ou acollemento de ata 12 anos de idade, poderán acollerse a esta modalidade de xornada intensiva dende o 1 de xuño e ata o 30 de setembro de cada ano. Este dereito poderá exercerse tamén no ano en que o menor cumpra a idade de 12 anos”.

A directora xeral de avaliación e reforma administrativa resposta que terán en conta incluír os datos solicitados nos listados. Indica tamén que ten coñecemento da recomendación da Valedora do Pobo, indicando que está relacionada cun silencio administrativo.

O director de Función Pública di que estudará a petición da CIG deste novo dereito para os traballadores, indicando que se puidese ser farían unha proposta de modificación normativa para antes de finais deste mes e así poder aplicalo xa neste ano.

Por parte da CIG volvemos facer finca pé na diferenza de dereitos horarios entre o persoal que traballa a quendas co resto do persoal, sobre todo a nivel de redución de horarios de verán ou de festividades. Polo que solicitamos unha revisión. O director de Función Pública comenta que se están a estudar os datos das horas anuais de traballo dos afectados en relación co resto dos traballadores, e que se nos facilitarán os datos para poder valorar e tomar decisión.

Para rematar
-Solicítase o dato estatístico porcentual das causas de negacións de flexibilidade. Tamén se solicita que os datos sexan desagregados por sexo.
-Indícase que non hai criterios homoxéneos nas distintas consellerías, direccións xerais e subdireccións para a denegación ou para admisión de peticións de flexibilidade por conciliación ao persoal.
-Solicitude de redución de horario de presenza obrigatoria.
-Creación dun protocolo ao persoal a quendas para poder ter unha flexibilización horaria como o resto dos traballadores.

O resto das organización sindicais tamén solicitan que se leve a efecto a petición da CIG da xornada intensiva dende o 1 de xuño ao 30 de setembro.