Dende a CIG consideramos que a declaración dos sábados como non hábiles a efectos administrativos fai que quede sen sentido a apertura deses centros durante os sábados, polo que o seu peche e a adaptación do horario de atención ao público cos períodos establecidos na lei facilitaría a conciliación da vida laboral e familiar das persoas traballadoras nesas oficinas sen provocar ningún prexuízo ao público en xeral.

A este respecto, a CIG dirixiu escrito o 7 de setembro solicitando información sobre a previsión de modificación nos horarios das oficinas dos rexistros da Xunta e seu peche durante os sábados.

O xoves 29 de setembro, a poucos días de entrada en vigor da nova regulación, continuamos sen información definitiva. O único que temos é unha "intención inicial" de que as oficinas continuarán abertas para facilitar a recollida de documentación dos cidadáns. Agardamos información máis concreta.