Co Acordo xa pactado, a CIG desistiu do Conflito Colectivo presentado. O pacto consiste en:

  • Recoñecer os servizos prestados durante o tempo de duración do servizo militar ou equivalente para o computo de trienios.
  • Terá efectos económicos dende a reclamación administrativa previa desestimada pola administración para aqueles traballadores que non o teñan recoñecido xudicialmente por sentenza definitiva e firme.
  • As novas solicitudes resolveránse aplicando a criterio da literalidad da norma.

Podes contactar con calquer delegado/a da CIG para realizar a pertinente solicitude de recoñecemento.

Reclamamos a súa extensión tamén ao persoal funcionario, pois coa actual lexislación a estes só se lles recoñece o tempo de servizo militar se o realizaron sendo xa empregado público, non computándose o tempo de servizo anterior á condición de funcionario. O Director de Función Pública fai a observación de que esa extensión non é posíbel coa actual lexislación, existindo implicacións en normas básicas do estado. A CIG entende que os dereitos deben ser iguais para todos os empregados público.