A xuízo da CIG, a decisión da Consellaría de Política Social de denegar ao persoal dos seus centros o gozo dos dous días adicionais de asuntos particulares que se conceden ao resto do persoal laboral da Xunta de Galiza constitúe unha discriminación carente de toda base ou xustificación xurídica.

Para rematar con esta discriminación a CIG presentou CONFLITO COLECTIVO na Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza contra a Xunta de Galiza para reclamar o dereito do persoal que presta servizos nos centros de atención directa da Consellería de Política Social a dous días adicionais de asuntos particulares en 2016 e nos anos sucesivos en que cadren en sábado ou domingo os días 24 e 31 de decembro.

A demanda afecta inicialmente ao persoal laboral dos centros de atención directa da Consellaría de Política Social, coa intención de estendela a todas as consellarías nas que tamén se estea a denegar o dereito.