A Xunta de Galiza ven de publicar no DOG a resolución pola que se modifican as instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas.

Deste xeito modifícanse varios puntos que quedan como segue:

«5. Para o cómputo dos prazos na mesma ou distinta localidade, tomarase como referencia o termo municipal da residencia habitual da persoa funcionaria ou laboral.

No caso de intervención cirúrxica sen hospitalización que requira repouso domiciliario, será a localidade en que se realice o repouso domiciliario a que debe tomarse como referencia con respecto ao termo municipal da residencia da persoa funcionaria.

No caso de hospitalización, entenderase que esta se produce cando comporte a estancia hospitalaria que inclúe unha noite e unha comida principal no centro hospitalario».

Por outra banda, modifícase o punto 2 da vixésimo primeira instrución na liña oito, onde di: «ata catro horas ou a metade da duración da xornada de traballo diaria», debe dicir: «polo menos catro horas da xornada de traballo diaria».